Raquel Jabares

Mal de amores en Culleredo
Estes días asistimos na prensa local a un espectáculo que lembra a mellor das telenovelas onde os desamores e os reproches fian un argumento interminable que case ninguén lembra como comezou, o “desamor” de Rioboo. Todo comezou uns meses antes das municipais do 2003, cando o que por aquel entón era voceiro do BNG decide abandonar a nosa formación por non encabezar a lista. Meses despois anuncia que participará nos comicios municipais na candidatura socialista ocupando o posto número 5. Por aquel entón, o Director da Radio Local, Jose Ramón Rioboo aspiraba a ocupar ese posto de saída para ir rodándose na posible sucesión do Alcalde, pero, cousas do querer, o exnacionalista rouballe o posto. Este feito dará comezo a telenovela que vivimos hoxe. Nas municipais do 2007, Rioboo crea unha agrupación política xunto con algún exconcelleiro socialista e rendabiliza o desencanto municipal. Todo indica que non tivo a humildade suficiente para administrar con mesura o éxito e comeza, con pouco tino dende o meu ponto de vista, o asalto ao poder pola porta de atrás.

Primeiro dixo que non pactaba co Psoe, mentre suplicaba as agachadas que pactara coa sua formación. Finalmente, cando o pacto entre o PSOE e o BNG en Culleredo foi unha realidade, e observaba que a sua oportunidade de ser Alcalde definitivamente esfumábase intensificou as suas xuntas, reunións, notas de prensa autopróclamándose alcalde, até chegar ao ponto que estamos hoxe.

Coido, que pouco o nada de interese ten para a xente este espéctaculo, máis que calquera outra nova que podemos ler na coñecida como prensa rosa. Os membros da corporación, independentemente de estar no goberno ou na oposición temos unhas obrigas: preparar os Plenos, estudar a documentación, atender aos veciños e ofrecer solucións, obrigas que por certo este Concelleiro non está a cumplir a pesar de ingresar cada mes algo máis de 1.000€ .

O Alcalde, en condición normais, é electo unha vez cada catro anos, outras maniobras, como a acontecida en Abegondo recentemente, son para min, profundamente antidemocráticas, e nos, os homes e mulleres que traballamos en política, temos a obriga de adicarnos a mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, non a buscar beneficios personais.

Agardo que os capítulos de esta “telenovela” cheguen ao seu fin e todas e todas, incluidos os protagonistas do “romance” sumen esforzos para levar adiante o proxecto polo que todas e todos deberiamos estar na Corporación: Culleredo

Ampliación de Alvedro porque si.
Vimos de rematar un proceso onde a cidadanía contestou masivamente a un feito que durante moito tempo ocupou páxinas na prensa: a ampliación da pista de Alvedro. Este feito coincide no tempo con outro que avala a tese maioritaria da non ampliación: a concesión de subvencións a empresas privadas para que manteñan o servizo no aeroporto. Un aeródromo, que segun defenden algúns, é necesario e rendíbel, argumento contraditorio coa continua entrega de cheques en branco a modo de subvencións a prol do turismo para suplicar as compañías que fiquen en Alvedro.

En tempos como os que están a correr, nos que a prioridade da clase traballadora e manter o seu posto de traballo e chegar a fin de mes, é cando menos pouco apropiado regalar tres millóns de euros de diñeiro público a empresas privadas que non teñen en conta aos veciños a hora de repartir beneficios, nen sequera cando cobran os seus billetes ou mesmo cando non cumplen horarios e perdemos enlaces ou estravían o noso equipaxe.

Sustentabilidade, é a palabra que todo o mundo utiliza hoxe, mesmo aqueles que propoñen gastar 75 millóns de euros na ampliación dunha pista, sen saber moi ben para que, ou regalan a particulares diñeiro con unha ledicia desmesurada. Sustentabilidade dun capricho localista que resposta non sei moi ben a qué intereses, pero que co tempo, está a deixar ao descuberto a verdadeiras intencións dos valedores da ampliación. Eu creo firmemente na sustentabilidade dos proxectos, mais cando están a ser financiados con diñeiro público, por iso teño o firme convencimento, de que a pista de Alvedro non será ampliada. Ainda, despois de todas as opinións que levan verquido sobre este tema, non escoitei nengunha razón obxectiva que avale a execución da obra;o porque si, porque me peta, non vale cando é todo un povo o que pon os 75 millóns de euros.

Din que creará emprego (emprego precario que é o que teñen as compañías no personal de terra), riqueza para a comarca (o tráfico da carga disminúe e o de pasaxeiros tamén), din que aterrarán avións máis grandes (xa poden aterrar agora pero case o 80% dos voos son a Madrid e a Barcelona polo que non hai demanda) e que farán menos ruido (os avións seguirán a facer o mesmo ruido 120 decibelios en moitos pontos). Eso é o que din, pero non din que desaparecerá un núcleo tradicional como o Curro, que aumentará a contaminación no ar, que chegarán os lodos das obras a Ría do Burgo estragando ainda máis os bancos marisqueiros, que aumentará a pegada sonora, que modificarán o clima na zona, que haberá veciños que acordarán cun talude de 50 metros onde antes tiñan árbores…..eso e moito máis non o din.

Pero porque si, porque me peta, seguen a defender a ampliación da pista, sen aportar argumentos, conceden subvencións, e o máis grave, censuran a información para manipular ao seu antoxo a opinión pública. Ainda así, agardo que o “sentidiño” impere e os fondos previstos para esta obra, sexan investidos onde a xente o precisa, nas infraestucturas que Galiza precisa e que con tanto atraso leva prometido o Goberno español.

O aborto novamente a debate.
Estes días varias manifestacións percorren as rúas calificando case de asasinos a todos aqueles que defendemos unha lei de prazos de interrupción do embarazo acaída a realidade. Máis unha vez o debate distorsiónase de tal xeito que parece que o que estamos a decidir é se o aborto é legal ou non neste estado. Como xa sabedes ese dereito foi acadado (non sen esforzo) hai tempo grazas a pedagoxía e esforzo de moitas mulleres e tamén homes, que fixeron que as mozas que viñamos detrás tiveramos unha sociedade máis xusta. Hoxe falamos de ampliar supostos, supostos que de facto e previo pago (iso si) xa están a existir. Gostaría compartir con vos algunhas reflexións.

O outro día escoitei na radio o caso dunha muller que xa tiña un fillo e agardaba con ilusión o segundo. Na primeira ecografía detectaron unha malformación que impediría ao bebé sobrevir máis que unhas horas, se finalmente chegaba a nacer. Evidentemente, e con moita dor, a nai decidiu abortar de inmediato. Esta muller tivo que agardar até o ultimo día do prazo permitido pola lei e facer a interrupción do seu embarazo nunha clínica privada; sabedes porque? non había nengún hospital na sua cidade disposto a facelo,a razón: obxeción de conciencia. Agora un dato máis sorprendente, sabedes cal era a cidade….. Madrid que conta con tres potentes hospitais. Con exemplos como este, custiónome a legalidade ou cando menos a moralidade da obxeción de conciencia. Cando un individuo libremente decide formar parte do sistema público de saúde, debería deixar ao marxe as súas convicións relixioso-éticas, pois debe prevalecer o dereito do paciente. E non sei que relixión permite prolongar o sufrimento dunha nai tanto tempo.

Cando eu estaba embarazada, mentres agardaba polos resultados das probas que facemos todas as nais para ver o estado de saúde dos nosos bebés fíxenme a mesma pregunta que todas as nais fan:e sen ben mal? Eu tiña decidido seguir a diante, pero coa tranquilidade de que se tomaba outra opción tería garantes sanitarios suficientes (ainda que probablemente tería que pagar). Finalmente, como case sempre o bebé foi unha preciosa nena de ollos azuis forte como un carballo. Máis este exemplo personal, penso que demostra que as mulleres que defendemos unha mellora na lei de prazos, probablemente non a usaremos nunca; non teño tan claro que os que a critican mesmo con mala educación non “tiren” dela se for preciso(que lle pregunten a algúns pola lei do divorcio).

Máis medidas para o control da natalidade, información sobre anticonceptivos na mocidade, centros afectivo-sexuais e moitas outras ferramentas son imprensicibeis nuhna sociedade como a nosa, máis tamén unha lei de prazos realista. Como dicían as pioneiras nisto: NOS PARIMOS; NOS DECIDIMOS, que así sexa.

O Goberno que deroga.
Amigos e amigas, cada mañá, dende que o PP gañou as eleicións acordo abraida e mesmo con medo aos novos disparates e anaquilacións dos seus representantes. Aínda non fixeron nen unha soa proposta, un proxecto, unha idea, o seu único propósito é a destrucción de todo o que teña a ver co anterior goberno, a política da derogación.

Primeiro van vender o coche do presidente, e eu digo, quen o vai mercar? xa que o novo presidente quere un coche feito en Vigo, máis como a Berlingo e moi de obreiro e a Picaso pouco ostentosa, onde dixen digo digo diego e compro un francés, que por outra banda xa o estaba a utilizar por cortesía de Citroen-Vigo nestes ultimos tres anos.

Despois di que vai derogar o decreto da normalización lingüísta, algo fundamental para mellorar a rutina diaria da cidadanía neste momentos de crise, o argumeto: non se pode impoñer o 50% das clases en galego, todo o mundo ten dereito a falar en español. E eu pregunto, e os que falamos galego? non protestamos por que impoñan o 50% en español.

Tamén vai derogar o decreto éolico, ou iso di, ainda que eu máis ben penso que repartirá algo cos amigotes, como Fenosa, que tan ben trata a nosa xente. As Galescolas fora, máis con matices, cambia o nome , fora mandilóns (que por certo eran de balde para os pequenos, xunto coa mochila) e que falen español, máis de seguro que vemos estes anos a Feijoo inaugurar as agora “gallescuela” que tiña construido o anterior goberno.

Hoxe anuncia que pecha o Consorcio, que vai pasar cos centos de postos de traballo deste organismo? cos compromisos dos centos de Concellos que ten o Consorcio (moitos deles tamñen do PP)? en definitiva, que vai pasar con este País.

Todo o mundo coincide que unha eiva do bipartito foi que tiña dous gobernos, agora Galiza terá un só goberno, máis outra cousa é que goberne, xa que a súa prioridade será sen dúbiba aniquilar os grandes logros do nacionalismo, aínda que iso supoña aminorar sensiblemete o benestar da xente.

Resultados electorais
Tras a resaca electoral, e despois dos múltiples comentarios escoitados hoxe quero compartir con vos algunhas reflexións. Primeiro, e como non pode ser doutro xeito, agradezo o esforzo de todas as compañeiras e compañeiros do BNG que traballaron a reo por afortalar o nacionalismo en Culleredo. Foron moitos momentos de repartos, de esforzos, e tamén houbo tempo para as risas e a ilusión, non debemos perder a perspectiva de que o noso proxecto nacionalista precisa do noso esforzo agora máis que nunca, así que moito ánimo!!!!

En segundo lugar grazas aos 2.368 veciños e veciñas de Culleredo que apoiaron ao BNG nestes comicios, pois foron o noso alento para seguir a traballar ainda con máis forza e ilusión, con responsabilidade e “sentidiño”, para mellorar o noso Concello e facer un País mellor.

Máis tamén quero agradecer a todos os veciños e veciñas que con chuva, fútbol e de seguro que algo de preguiza, fixeron o esforzo de achegarse ao Colexio Electoral e exercer o seu dereito ao voto, grazas aos 14.108 cullerdenses que falaron nas furnas.

Como supoño imaxinades non estou satisfeita cos resultados, penso que o BNG representa o mellor proxecto político para Galiza,a máis apegada a realidade, a xente, as necesidades do noso territorio. O goberno nacionalista na Xunta foi transformador, conseguiu dar un pulo importante ao noso País, máis non tivemos tempo a ter a perspectiva suficiente para poder aprecialo. O BNG na Xunta foi para Culleredo tamén fundamental, mirade as duas novas galescolas, o centro de día, a peonización de Hersa e Sanjurjo de Carricarte, a nova rede semafórica de baixo consumo e tantas outras cousas que xa coñecedes. Máis está ben claro que algo fixemos mal, e agora compre reflexionar, definir os erros e sobre todo correxilos, farémolo, pois así o demanda a cidadanía.

E no Concello seguiremos a traballar aínda con máis forza, agudizando o enxeño, e contado, como sempre, con vos, cos veciños e veciñas. Hoxe comeza unha nova etapa no noso País, e tamén no noso Concello o BNG estará sempre a frente das vosas demandas, aportando solucións e facendo de Galiza un País mellor.

Os meus compañeiros enxeñeiros aeronauticos
Estes días asisto abraida ante as numerosas opinións sobre o Aeroporto que albisco dende a miña xanela. Opinión de veciños da Coruña e mesmo de veciños de Culleredo como Mar Barcón. Todos e todas falan, opinan e mesmo chegan a faltar ao respecto dos que non opinamos como eles.

É certo que os que traballamos en política non temos que saber de todo, máis se temos a obriga de documentarnos para opininar sobre un tema. Lembro cando fai tres anos propuxen no meu Concello traballar na liña de que Alvedro puidera ser Aeroporto Urbano, sabedes cal foi a resposta? “Neniña eso non existe, máis urbano que o de Londres non o hai”. Mesmo algún cargo político desta Comarca con estudos aeronáuticos aseverou publicamente que non existía tal catalogación , refírome ao Delegado do Goberno que polo que di non mira o BOE dende o ano 2003.

Co tempo, parece que todos e todas temos claro que os Aeroportos urbanos existen, máis seguen, cando menos algúns sen leer a normativa. A Sra Mar Barcón, que ao igual que eu é unha especialista aeronáutica de recoñecido prestixio, (será que todos os que vivimos en Culleredo compartimos esta virtude, por iso tamén opina o mesmo o veciño Mendez Romeu), confunde os artigos 3,a) e 3,b) e non difrencia entre movimentos de avións e poboación; en realidade non sorprende tendo en conta que cando era concelleira de urbanismo obviou na redacción do Plan Xeral viais aprobados no Plan Sectoriais de estradas, ou que despois de tantos anos sendo Concelleira de A Coruña ainda non sabe que a liña de bus urbano 8 non existe, claro, é natural seguro que María Pita a Culleredo ven en avión.

Falando agora con datos obxectivos gostaría que reflexionárades sobre un caso de aeroporto urbano, London-City, considerado o mellor aeroporto do Reino Unido. Unicamente opera dende as 5:30 as 21:30 de luns a venres, os sábados e domingos as restriccións son maiores e na fin de semana debe pechar 24 horas. E,  como vai este aeroporto? Seguro que moi mal, imos ver os datos: máis de 12 compañías operando, máis de dous millóns de pasaxeiros, o no Master Plan preveen tres millóns e medio de pasaxeiros para o 2015 e oito millóns para o 2030 sen ampliar a pista e con avións da mesma capacidade.

O aeroporto de Bromma en Estocolmo ten a mesma fotografía. Así que cando falamos de crear un Aeroporto Urbano estamos a facer máis competitivo a Alvedro, máis seguro e conciliar o dereito da cidadanía ao descanso. A previsión da Dir.Xeral de Turismo para o 2009 é investir 600.000€ en promocionar o aeroporto, penso que é unha aposta seria, dimensionada e que aposta pola promoción de Alvedro garantindo a sostenibilidade do entorno.

Ainda que poida parecer extensa esta nota, penso que é de xustiza aclarar algúns temas que están a confundir a opinión pública, máis a gran preocupación da cidadanía non é este tema senón os atascos nas estradas, o prezo do autobús, o desemprego, mal funcionamento da sanidade ou mesmo a panga.

Cometarios ao Aeroporto Urbano
En primeiro lugar quero agradecer a todas e todas os que participades no blogue coas vosas aportacións. Paréceme de xustiza contestar a algún dos que opinades entre outras cousas porque así o solicitan.

Estou orgullosa de militar nunha organización política que non se enrruga non seus posicionamentos, nen sequer en periodo electoral. O PP dí en Culleredo que Alvedro ten que ser Aeroporto Urbano e na Coruña, Madrid ou o Parlamento galego afirma o contrario. O BNG é consecuente, penso que iso dí moito dunha organición política.

Defendo a especialización dos aeroportos, é o único xeito de que subsistan, defender outra postura é condear aos tres aeroportos.

A definición de aeroporto urbano está no Real Decreto 1257/2003 de 3 de outubro e dí o seguinte  “Aeropuerto urbano: un aeropuerto situado en el centro de una gran aglomeración urbana, ninguna de cuyas pistas tenga un recorrido máximo de despegue de más de 2.000 metros y cuyo tráfico sea exclusivamente de vuelos directos a destinos intraeuropeos, donde un número significativo de personas se vean objetivamente afectados por el ruido de las aeronaves y donde cualquier incremento de los movimientos de las aeronaves represente una molestia adicional especialmente alta habida cuenta de la situación de ruido extremo.” Alvedro pode entrar nesta calificación.

Mentres falemos de ampliar aeroportos, de non ampliar, de se Santiago é máis importante, estamos a obviar o principal: o transporte público que precisa un investimento moito menor para ser competitivo que o que implica a ampliación da pista, cuns resultados moito máis rendibeis para a nosa cidadanía.

O tempo da e quita a razón, no que atinxe ao tema de Alvedro acontecerá o mesmo, eu non son enxeñeira aeronáutica, nen teño asesores externos, simplemente teño sentido común e molesteime e bastante por certo en recompilar información sobre este tema, penso que é o meu deber como representante municipal, e coa información que a día de hoxe teño aposto por que Alvedro non se vai ampliar e aspiro a que sexa declarado Aeroporto Urbano.

Agradezo novamente a vosa participación neste foro que segue aberto para que poidades expresar as vosas opinións.

A nave de Acea da Ma
Onte unha familia comezaba o día vendo como o que foi o seu fogar durante moitos anos era esnaquizado por unha pala. As bágoas e as lembranzas de toda unha vida, mixturábanse coa ilusión dunha nova etapa. Non puideron permanecer alí moito tempo, preferiron marchar, xa que ainda que eran conscientes do estado da nave que habitaban, non deixaba de ser o seu fogar.

Hoxe vexo na prensa titulares que falan da erradicación do chabolismo, de sanear un terreo,  comentarios cando menos fríos, esquecendo que durante máis de duas décadas, unha familia habitou un inmueble en condicións infrahumanas. Penso que todas e todos teriamos algo de responsabilidade, todas e todos fomos cómplices de tolerar unha infravivenda no centro urbano do noso Concello.

Lembro que as poucas semanas de tomar posesión como Tenente de Alcalde, tivemos unha xuntanza de traballo na Consellaría de Vivenda establecendo este tema como unha prioridade. Tamén foron moi productivos os acordos coa Vicepresidencia polo que asinamos o convenio coa Fundación Secretariado Xitano peza fundamental neste Plan.

O traballo dun Plan de Erradicación do Chabolismo non remata coa demolición das infravivendas, temos moito camiño por andar. Agora o acompañamento as familias para unha total integración é fundamental. Até que pase algún tempo, non pouco por certo, non podemos valorar se o Plan tivo éxito.

É de xustiza hoxe agradecer a adicación e esforzo, sobre todo estes últimos días da equipa técnica da Área de Benestar e darlle folgos para continuar este proxecto.

Máis sobre todo quero agradecer a colaboración e paciencia das veciñas e veciños nomeadamente aos do Burgo, agradecer tamén o esforzo personal de  unha familia, a familia Romero, unha esperanza para nos, a esperanza de que con traballo común a integración é posible. Grazas a todas e todos e moito ánimo para rematar o traballo que ven.

O aeroporto de Culleredo e o Estatuto de Nación
Hoxe asistimos novamente a unha polémica sobre o aeroporto de Alvedro. Probablemente toda a semana continúe este debate estéril no que todos propoñen e ninguén dispón. Así que eu quero aproveitar este espazo para compartir con vos a miña visión do tema.

Os argumentos empleados para defender unha e outra postura son cando menos baladís, que se defender aos veciños, que se motor económico, que se eu son de Vigo… A realidade é que eu nacín en Redondela, unha fermosa vila coñecida entre outras cousas polos riquísimos chocos e a festa da Coca. Nesta vila está o aeroporto de Peinador e padecen tamén as inconveniencias do ruido e as expropiacións.

Parece pouco razonable, e máis nos tempos que estamos a viver, facer un investimento considerable para ampliar o aeroporto e chegar a Madrid en unha hora (mais tempo de embarque e facturación ) cando tardamos 45 minutos en chegar A Coruña. O sentido común aconsella mellorar o transporte público, apostar definitivamente por poñer en valor o tren que pasa polo Burgo e que en 5 minutos traslada aos usuarios aos campus universitarios e mesmo á cidade. Pero como dín os que saben, o sentido común é o menos común dos sentidos.

O BNG, ten un posicionamento nesta comarca no que se refire ao Aeroporto de Alvedro: Alvedro ten que ser Aeroporto Urbán. E nesta a liña estamos a traballar: o BNG como organización política (o Deputado Carlos Aymerich ten presentado unha iniciativa nesta liña recentemente no Parlamento) e tamén o BNG dende o goberno de Culleredo.

Máis a solución real a Alvedro, a Peinador e mesmo a Lavacolla é que nós memos, os galegos e galegas poidamos deseñar as nosas necesidades, tres aeroportos para menos de tres millóns de habitantes, e cando queremos voar fora da península hai que ir a Madrid ou a Barcelona a coller un enlace. Pouco práctico cando menos.

Se  tiveramos as competencias aeroportuarias poderiamos redeseñar os nosos aeroportos, facer un verdadeiro aeroporto internacional, que cando os galegos e galegas na diáspora queiran voltar a casa, poidan ter un voo directo, poder optar a voos a bo prezo e a destinos interesantes sen ter que ir a O Porto a coller o avión,ter en definitiva uns aeroportos competitivos, acaidos as nosas necesidades, que fomenten realmente a chegada de turistas ao noso País, que permitan maior mobilidade aos nosos empresarios.

A ferramenta que precisamos é sen dúbida un Estatuto de Nación. Non é casual que en Cataluña unha das últimas competencias que acaban de tranferir sexa precisamente esta. Máis parece que non doen prendas a ninguén en falar e opinar sobre o aeroporto e despois negarse a aprobar un Estatuto digno para a nosa nación. Cecais sexa ese o motivo polo este debate nunca remate, sen competencias pouco podemos facer. Entre tanto todos e todas temos tempo para opinar, xa sabedes o falar non ten cancelas.

Este mandato autonómico remata sen ter acadado este fito vertebral para Galiza. Temos camiño andado pero queda moito por percorrer. Agardemos que nos vindeiros comicios o nacionalismo teña a forza suficiente para levar adiante un Estatuto de Nación que garanta a nosa dignidade, é que PSOE e PP sexan o sufientemente independentes para non escoitar o que din de Ferraz e Génova e traballen tamén para mellorar Galiza.

O ano que pasou
Hoxe, mentres preparaba a rolda de prensa que daremos mañá para valorar o ano que pasou, lembraba varios momentos, que agora, coa distancia do tempo parecen cando menos cómicos. Os que temos a responsabilidade de gobernar un Concello, facemos cada certo tempo, balanzos públicos do noso traballo, da xestión municipal, dos proxectos que veñen e mesmo dos temas que non fomos quen de poñer a andar. Penso que é a nosa obriga facelo, é un exercicio de autocrítica e de transparencia, é, en definitiva unha ferramenta da democracia. Máis, eu pregunto, quen fai a valoración dos comentarios, das aseveracións dalgúns que mesmo públicamente, con luz e taquígrafos fixeron prediccións catastrofistas e a realidade dí que erraron?

Lembro cando anunciamos con grande entusiasmo a construcción da Galescola Fonte da Balsa e despois a do Burgo, algúns puxeron o berro no ceo porque íamos inzar Culleredo de pequenos nacionalistas que aprenderían a cantar o Himno galego antes de falar, mesmo algúns votaron en contra no Pleno da execución destas infraestucturas. Hoxe os pequenos e pequenas de Culleredo xa están na Galescola Fonte da Balsa, as únicas queixas das nais e pais son porque os seus pequenos non tiveron praza. Os que entraron están encantados coa equipa técnica, coas instalación máis sobre todo coa filosofía do proxecto.

Outro tanto aconteceu coa peonización da Rua Hersa, que suporía un desastre para O Burgo, comercios pechados e grandes incomodidades para os residentes. Coido que os que afirmaron esta “realidade” non pasearon no Nadal pola nova rua peonil, onde todo o mundo está satisfeito e desfrutan dun novo entorno onde as personas son o primeiro.

A realidade é que estos feitos motívannos día a día, a seguir a traballar con máis folgos, co convencimento que unha política nacionalista apegada a realidade da xente é a máis acaida. As veces non é doado, por iso o diálogo, a constancia e as veces tamén a firmeza son imprescindibles para continuar a construir este Concello entre todas e todos.