5
Xan
2009
Novo propósito para o 2009

Prezadas/os veciñas/os:

Quero comezar esta entrada desexando que teñades un bo ano 2009. Este ano marqueime como un dos meus propósitos personais actualizar este caderno de bitácora e compartir con vos reflexións e cuestións de actualidade. Sabedes que temos unha web www.culleredobng.org onde periódicamente colgamos as novas do BNG, máis penso que non debo desaproveitar esta ferramenta de comunición directa con vos.

Así que xa sabedes, agardo aquí, neste foro virtual as vosas suxestións, preguntas e demáis temas que teñades a ven trasladarme.

Un saúdo e novamente que teñades un ventureiro 2009.

Escrito por raqueljabares | Sen Comentarios »
20
Mai
2007
Garantir a mobilidade no Concello e vivendas de aluguer para a mocidade son dúas das iniciativas que o BNG fará dende o goberno de Culleredo

A Candidata do BNG a Alcaldía de Culleredo, RaquelJabares, creará unha oficina municipal de rahabiliación.

O BNG de Culleredo ten feito xa dende a oposición numerosas iniciativas nas que a vivenda e a mobilidade eran protagonistas. No programa de goberno son tamén temas de vital importancia con un plantexamento transversal e unha visión sustentable. A candidata do BNG a Alcaldía de Culleredo,Raquel Jabares comprométese a materializar dende o goberno municipal as seguintes propostas :

-          Por a disposición da Consellaría de Vivenda os terreos precisos para a Construcción de Vivendas de Aluguer para a Mocidade.

-          Creación da Oficina Municipal de Rehabilitación, tanto para os edificios da zona urbana como para as vivendas da zona rural, apostando por convertelas en vivendas máis eficientes enerxéticamente.

-          Plan Municipal de eliminación barreiras arquitectónicas.

-          Garantir un servizo real e constante de transporte adaptado para os veciños e veciñas dependentes.

-          Plan de beirarrúas: que teñan destino, que se poida pasar por elas, eliminar obstáculos, adaptalas para persoas con mobilidade reducida

 -          Proxecto “Culleredo vive a Ría” que garante a mobilidade entre Vilaboa, Corveira, Cordeda, Almeiras e o Burgo co Paseo Marítimo da Ria do Burgo.

 

Escrito por admin | 4 Comentarios »
19
Mai
2007
O Olímpico Campión!!!

Os infantiles do Olímpico de Rutis ascenderon hoxe á liga galega. No partido que disputaron este sábado no seu propio campo contra o Villestro os rapaces do Olímpico empataron a dous. Parabéns campións!!!!

Escrito por admin | Sen Comentarios »
18
Mai
2007
Todos co Olimpico

O vindeiro sábado as 18:00h a categoría infantil do Olímpico de Rutis xoga un partido decisivo para ascender á liga Galega. O resultado do partido do pasado domingo en Villestro(Santiago) foi  2-1 a favor dos rapaces do Olímpico.

Agardamos celebrar o sábado o ascenso a liga Galega. Todos co Olímpico!!!

Escrito por admin | 2 Comentarios »
16
Mai
2007
Raquel Jabares presenta as propostas do BNG en materia de Sustentabilidade
YouTube returned no videos for your query!
Escrito por admin | 1 Comentario »
15
Mai
2007
A Xunta Electoral declara irregular a propaganda do PSOE e ordena a sua retirada

Hoxe a Xunta Electoral da Coruña resolveu a denuncia que presentou onte o BNG pola difusión que o PSOE de Culleredo estaba a facer de propaganda electoral na que figura a imaxe do Concello. A Xunta electoral resolveu que é completamente irregular utlizar a imaxe institucional do Concello de xeito partidista e que estas prácticas poden confundir á cidadanía.

Este mesmo organismo ordenou a retirada da publicidade electoral do PSOE na que figure a imaxe oficial do Concello de Culleredo e advertiu que de non executarse esta orde veríanse na obriga de abrir un novo expedente.

Escrito por admin | Sen Comentarios »
14
Mai
2007
O PSOE utiliza partidariamente o Concello

Non é a primeira vez que unha campaña electoral tínguese coa cor da malversación en Culleredo. Xa en anteriores comicios o PSOE enviou cartas en papel oficial do Concello e mesmo pagando o franqueo das mesmas para facer convocatorias a actos elctorais. O BNG ven denunciando estas prácticas irregulares e reiterandas ante a Xunta Electoral garantindo así o bo fin do diñeiro municipal e evitando un uso partidista da imaxe do Concello.

Estes días estamos a asistir abraiados ao reparto que o PSOE con Julio Sacristán á cabeza fai de propaganda onde figura a imaxe do PSOE o lema “Vota Julio” e debaixo a imaxe corporativa do Concello de Culleredo. Novamente o BNG denunciou esta práctica irregular ante a xunta electoral ademáis de solicitar formalmente no rexistro municipal unha copia do Convenio de Colaboración entre o Concello de Culleredo e o PSOE, pagado con diñeiro municipal.

Escrito por admin | 1 Comentario »
12
Mai
2007
A Candidata do BNG á Alcaldía de Culleredo presenta as medidas de goberno sobre Novas Tecnoloxías
YouTube returned no videos for your query!
Escrito por admin | 1 Comentario »
11
Mai
2007
Medidas de goberno para Educación en Culleredo

Todos os comezos de curso Culleredo é noticia por faltas de prazas escolares, o ano pasado case 40 nenos e nenas de tres anos non obtiveron praza escolar en centros do Concello e tiveron que criar duas novas unidades de infantil en Tarrío . Os Institutos teñen un número excesivo de mozos e mozas e hai unha única escola infantil municipal. Ler o resto desta entrada »

Escrito por admin | 1 Comentario »
10
Mai
2007
Iniciativas de goberno para muller, maiores e infancia

A Candidata á Alcaldía de Culleredo Raquel Jabares presenta hoxe públicamente as medidas de goberno para tres sectores importantes en Culleredo: muller, maiores e infancia.Raquel Jabares declarou: “é curioso que un Concello con unha poboación tan nova como Culleredo e con unha das taxas de natalidade máis altas do País, teña un índice de Dependencia tan elevado. Para o BNG o benestar é obxectivo preferente”. Ler o resto desta entrada »

Escrito por admin | 1 Comentario »