Quén son
 |
Son nai dunha pequena que naceu coincidindo coa precampaña das anteriores municipais, ten xa catro anos e como imaxinades non entende moi ben porqué hai fotos da sua nai nas farolas e ao pé das estradas. Vivimos na parroquia do Burgo dende que chegamos a Culleredo, fai xa dez anos.
Comecei a participar en política cando entrei na universidade, dende os CAF e pouco despois afilieime no BNG. Sentín, e agora teño pleno convencemento, que era a única organización política que tiña alternativas reais para o meu País, para o meu Concello.
Dende o 2003 son Portavoz Municipal do BNG en Culleredo e Deputada Provincial. A experiencia na Deputación foi moi positiva, pois participei da responsabilidade que implica un goberno. Tiven a oportunidade de xestionar proxectos relacionados coas novas tecnoloxías e sustentabilidade.
Son membro da executiva comarcal e do consello local do BNG.
Encabezar novamente a candidatura do BNG para estas eleccións, ademáis de unha grande responsabilidade, é un orgullo personal, non hai nada máis gratificante que poder traballar para que avance o concello onde vives.
Os compañeiros de viaxe nesta andaina son os millores, homes e mulleres de Culleredo con ilusión e entrega a un proxecto común: facer que o lugar no que vivimos, desfrutamos e traballamos sexa máis habitable, máis humano, mellor; xente que quere que Culleredo avance.
|