25 Abril, 2007
Sen clasificar
2 Comentarios
Hoxe sufrín por primeira vez a T4 de Barajas. Menos mal que non me perderon a maleta… Para empezar agardamos corenta minutos para facturar e logo outros corenta minutos para chegar a porta de embarque, iso sen contar con que hai que andar quilómetro e medio para chegar (case que veño a pé a Vilalonga…) e na tarxeta, por enriba, non se especifica o número da porta. Un consello, se tedes que pasar pola T4 ide con tempo. Leer o resto …
24 Abril, 2007
Eventos
Non hai comentarios
Esta noite temos unha reunión cos membros da agrupación cultural “Abiñadoira”, seguindo coa rolda de encontros coas distintas asociacións do concello.
23 Abril, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Esta fin de semana foi unha auténtica festa gastronómica. Para comezar o venres pola noite acompañei ao meu irmán na presentación da candidatura do BNG de Pontevedra. Eu, e outros cantos centos de persoas démonos cita no recinto feiral para transmitir o noso apoio ás accións que o goberno municipal desenvolveu nos últimos oito anos na cidade, e que, estamos convencidos, seguirán executando nos próximos catro anos. Seguindo coas presentacións, onte ao mediodía tamén asistín ao xantar que os compañeiros de Cambados celebraron para presentar a súa lista de cara ás vindeiras eleccións.
Xa noutra liña, foi a cea do sábado en Santiago de Compostela. Como bo lector que son do desaparecido escritor, non podía menos que asistir á entrega do II Premio Manuel María á dignidade nacional, que este ano recaeu no semanario A Nosa Terra. En representación da publicación recolleu o galardón o seu director, Alfonso Eiré. Durante o acto, Miro Casavella fixo un pequeno recital de cancións musicando versos do gran Poeta Nacional, que se lidos son extraordinarios, cantados resultan prodixiosos.
20 Abril, 2007
Sen clasificar
1 Comentario
Sempre me preguntei a onde van os nenos que veñen de excursión a Sanxenxo, e non porque non haxa cousas que facer ou ver, senón polo simple feito de que non se oferta nada máis alén da praia. E por fin hoxe, obtiven a reposta. Os nenos veñen ao noso concello a interactuar coa arte. E cando digo interactuar non falo nun sentido metafórico, senón real e físico. Leer o resto …
19 Abril, 2007
Sen clasificar
1 Comentario
Como xa vos informara, onte estiven na tele. Os de TeleSalnés fixéronme unha entrevista no programa Pleno Aberto, nunha serie especial de entrevistas que están a realizar aos candidatos con motivo das vindeiras eleccións. Para os que non me chegastes a ver, fun o último en saír, resumo o encontro. A entrevista dividiuse en dúas partes ben diferenciadas. Unha primeira na que lembramos a posición do BNG de Sanxenxo a respecto dalgunhas das cuestións máis salientábeis para o concello que aconteceron nos últimos catro anos; e unha segunda, para min a máis interesente, na que puiden plantexar cales van ser as nosas accións primordiais cando collamos o goberno o próximo día 27. Entre outros aspectos falamos do desenvolvemento do polígono industrial, que nós entendemos como un pear básico á hora de crear emprego con futuro, sobre todo, referíndonos á parte que lle corresponde ao concello. Tamén tocamos o tema do benestar social, da vivenda, da necesidade de políticas culturais… Dicir que a entrevista comezou, como non podía ser menos, coa pregunta que semella de rigor nestas últimas semanas: ”E vostede que opina de que concorran tantas candidaturas en Sanxenxo?”. Pero aí imos deixar que cada un fale ao seu tempo. Eu só afirmo que a do BNG é, sen dúbida, a mellor.
18 Abril, 2007
Eventos
Non hai comentarios
Hoxe reunirémonos coa directiva da Confraría de Portonovo, dentro dos encontros cos distintos colectivos e institucións do concello.
18 Abril, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
O de onte foi un día especialmente axetreado. Pola mañá, estivemos en Santiago con Carme Adán, como xa comentei, pola tarde asistín a un encontro en Cambados do Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, cun grupo de empresarios e xa polo serán volvín a Sanxenxo para reunirme coa Comunidade de Montes de Noalla. Todo un periplo. Pero está claro que a partir de agora todos os meus días, e os dos meus compañeiros, van ser un continuo traxín, un constante ir e vir dun lado para outro sen parar. É o que nos queda até o vindeiro 27 de maio. Hoxe xa asistín a unha rolda de prensa que ofrecía a directiva do Club Náutico de Sanxenxo, e pola noite Teté Rocamonde vaime entrevistar no programa Pleno Aberto, en TeleSalnés. Así que se me queredes ver non tedes máis que sintonizar a canle a iso das once menos cuarto. Xa me contaredes que tal o fixen!.
17 Abril, 2007
Sen clasificar
1 Comentario

Esta mañá mantiven unha reunión con Carme Adán, a Secretaria Xeral da Igualdade, para concretar actuacións a levar cabo cando sexa o novo alcalde. Acompañáronme a este encontro a futura concelleira Sandra Fernández Agraso e o actual edil David Otero Domínguez. Teño que dicir que foi unha reunión moi produtiva por canto nos enteramos da cantidade de proxectos que poderemos desenvolver no concello se formamos parte do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar. Leer o resto …
16 Abril, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
O pasado sábado asistín en Pontevedra a unha charla sobre urbanismo e vivenda organizada polo BNG, na que participaban Francisco Jorquera, Miguel Anxo Fernández Lores, e a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas. A intervención da conselleira, como sempre, resultou do máis didáctica e aproveitábel. Leer o resto …
16 Abril, 2007
Eventos
Non hai comentarios
Reunión coa Secretaría Xeral da Igualdade, Carme Adán, nas dependencias da Consellaría de Vicepresidencia, en Santiago de Compostela.
« Entradas anteriores