Na tele
Abril 19, 2007 6:06 pm Sen clasificarComo xa vos informara, onte estiven na tele. Os de TeleSalnés fixéronme unha entrevista no programa Pleno Aberto, nunha serie especial de entrevistas que están a realizar aos candidatos con motivo das vindeiras eleccións. Para os que non me chegastes a ver, fun o último en saír, resumo o encontro. A entrevista dividiuse en dúas partes ben diferenciadas. Unha primeira na que lembramos a posición do BNG de Sanxenxo a respecto dalgunhas das cuestións máis salientábeis para o concello que aconteceron nos últimos catro anos; e unha segunda, para min a máis interesente, na que puiden plantexar cales van ser as nosas accións primordiais cando collamos o goberno o próximo día 27. Entre outros aspectos falamos do desenvolvemento do polígono industrial, que nós entendemos como un pear básico á hora de crear emprego con futuro, sobre todo, referíndonos á parte que lle corresponde ao concello. Tamén tocamos o tema do benestar social, da vivenda, da necesidade de políticas culturais… Dicir que a entrevista comezou, como non podía ser menos, coa pregunta que semella de rigor nestas últimas semanas: ”E vostede que opina de que concorran tantas candidaturas en Sanxenxo?”. Pero aí imos deixar que cada un fale ao seu tempo. Eu só afirmo que a do BNG é, sen dúbida, a mellor.




Abril 24th, 2007 at 10:01 am
Xa tiña ganas de saudarte pero hoxe ainda é a primeira vez que entro por aquí. O outro día vin a túa entrevista en telesalnés e teño que admitir que me gustou moito. Penso que puxeches o acento á hora de priorizar nas liñas de actuación, nos problemas máis importantes de este concello. Como veciño del que son, preocúpame moito a pouca relevancia que teñen as concellerías “máis sociales” como poden ser cultura, servizos sociais, xuventude…Espero que vos non comentades os mesmos erros que os vosos predecesores. Seguide traballando así de forte