Aniversario

6:44 pm Sen clasificar

aniversario

Onte foi o meu aniversario: medio século de historia ás miñas costas (aínda que non o parece, eu síntome como un chaval de vinte anos). A miña muller e os meus compañeiros déronme unha pequena sorpresa despois do mitin (por certo, do que saín moi contento; normal, con Iria Aboi mitineando calquera non sae contento, os que a escoitastes algunha vez xa sabedes do que estou a falar). Ao rematar a faena no ruedo do Pazo Emilia Bazán fumos cear, o descanso do guerrero, que tamén nos corresponde, e nos postres agasalláronme cunha tarta que só traía unha vela. Que ilusión me fixo, non mo esperaba. Pero máis ilusión que a tarta fíxome o feito de que levase unha única vela, quizais non para celebrar os meus cincuenta anos, senón o meu primeiro aniño como alcalde de Sanxenxo…!  Iso saberémolo o vindeiro domingo.



2 Comentarios

  1. Cris Di:

    Se xa o dicen por ahí e teñen toda a razón, levas moi ben o medio século.
    Contoume un paxariño que tiveches agasallos… pero xa sabes que tes que agardar ata domingo para recibir o mellor, así que paciencia que está ás portas.
    Felicidades Roberto!!!!

  2. O REGALIÑO Di:

    pois menudo regaliño che fixeron, CATRO ANIÑOS MÁIS NA OPOSICIÓN je,je,je!!!!!!

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.