Mulleres galegas
25 Xaneiro, 2008 Sen clasificar 2 ComentariosHoxe quero facer un recoñecemento ás mulleres deste país que sempre foron, e seguen a ser, a “alma mater” da inmensa maioría das familias galegas.
Mariscadoras a pé, traballadoras da conserva, redeiras, traballadoras do campo, maioría no sector da hostalería… e aparte nais (moitas veces tamén pais) e, agás en contadas parellas, responsábeis de todas as tarefas do fogar e sobre todo do control da economía familiar.
Faime graza cando algúns sesudos tertulianos, e moitos políticos, defenden teorías contrarias ao dereito de adopción das familias monoparentáis. Que lle pregunten ás mulleres galegas, que sufriron a maior lacra deste pais como foi, e inda por desgraza segue a ser, a emigración, como sacaron adiante aos seus cativos.
Ás mulleres galegas, por moito que se intente, nunca seremos capaces de agradecerlles o que fixeron e fan por este país.




