Unha imaxe vale máis que mil palabras

Política xeral Non hai comentarios

Intervención de Francisco Rodríguez (Deputado do BNG no Congreso) o día 27 de febreiro de 2007, defendendo unha moción na que se propón a volta á construción civil dos asteleiros de Navantia en Ferrol.

Comprobade o respecto que lle teñen o resto dos deputados aos asuntos de Galiza.

Velaí a necesidade e importancia de que o BNG teña máis forza en Madrid.

Beneficios empresariais

Política xeral Non hai comentarios

Mentres os galegos e galegas estamos a falar do prexuízo que vai a ter para os nosos petos que o Ministerio de Industria suprima a Tarifa Nocturna, Unión Fenosa anuncia que o ano 2007 tivo uns beneficios de case 1.000 millóns de euros, un 55% máis que no ano 2006. Todo isto a costa de esnaquizar os nosos rios inzándoos de encoros e de sementar os nosos montes con muíños de vento. 

Tamén Telefónica (de Essspaña, coño) anunciou hoxe que gañou no ano 2007 un 42,9% máis que no 2006, obtendo uns beneficios netos de 8.906 millóns de euros. Máis os usuarios seguemos a sufrir os peores e máis caros servizos de banda ampla de toda Europa. Lembremos que Telefónica, xunto con outras empresas (Endesa, Repsol, Tabacalera, etc.), foi privatizada polo primeiro goberno Aznar, conquerindo con estas vendas a bonanza económica da que presumiron e inda presumen. 

Agora sairán os bancos mostrando uns beneficios astronómicos (as entidades financeiras sempre saen gañando, haxa bonanza ou recesión económica) e presumindo de que aumentaron as súas gañanzas en porcentaxes dun 20, 25 ou 30%. Mentres Rajoy e Pizarro din que están a descubrir aos “currantes”, Nuñez Feijoo dixo onte, no transcurso do debate, que para revitalizar a economía había que baixar o imposto de sociedades en 5 puntos. Pola boca morre o peixe! 

Alguén dixo un día: “obreiros do mundo, xuntádevos!” 

Cemiterio de Dorrón

Política local 1 Comentario

Non tiña pensado escribrir sobre o problema do cemiterio de Dorrón, non porque non tivera unha opinión ao respecto senón por non interferir na resolución dun asunto que é de grande interese para os veciños e veciñas de Dorrón.

Mais agora, ante as declaracións de hoxe da Sra. Alcaldesa, non podo ficar calado.

Ao parecer onte a Xerencia de Urbanismo emitiu unha resolución ordeando a paralización das obras nas vivendas, que se estan a construir ao carón do cemiterio, por “non estar ubicadas no emprazamento indicado nos proxectos presentados”.

As vivendas están case rematadas, e ata onte non se decataron de que non estaban no seu sitio?

Por outra banda, a Sra. Alcaldesa di que durante a visita a Sanidade “tivemos ocasión de consultar información que non consta nos expedientes de concesión das licenzas municipais…”

En conclusión: no Concello de Sanxenxo danse licenzas sen ter toda a información necesaria!

Menos mal que nesta ocasión non lle bota a culpa á Xunta.

En que manciñas estamos!

contigo, Galiza decide!

Política xeral Non hai comentarios

Campaña electoral 

Xa estamos metidos de cheo na campaña.

Os galegos e galegas xogámonos moito nestas eleccións. Iso quere ser agochado polos partidos maioritarios de ámbito estatal. Se non fose polo BNG, Galiza non existiría nesta campaña. Non temos mais que ver o que se falou de Galiza no debate de onte: nada!

Como o BNG parece non contar para os grandes medios de comunicación, nos estamos a trasladar a nosa mensaxe “a pé de obra”, facendo actos e celebrando mitins en todos os currunchos do noso país.

Esta mañá estiven acompañando ao noso Portavoz Nacional e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nunha visita á adega Condes de Albarei. Tamén estiveron presentes o Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal e a candidata nº 1 do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila.

Aproveitei a ocasión para preocuparme polo estado de Quin, despois do accidente de circulación que tivo cando se trasladaba a un acto en Foz. Ten un pequeno golpe nun xeonllo que non lle permite camiñar normalmente, pero el segue adiante co entusiasmo que o caracteriza.

Díxome que se lesionou coa política, cousa que nunca lle pasara cando xogaba ao fútbol, nin xogando contra o Vilalonga!, lembrando aquelas eliminatorias a “cara de can” que xogara o Allariz co Vilalonga, alá polos anos 80.

“Outra vaca máis no millo”

Política xeral 1 Comentario

Agora a solución que propón o PSOE para axudar a pagar as hipotecas  é ampriar o prazo!

Debe parecerlle pouco que os mozos e mozas se hipotequen por 25, 30 ou 40 anos.

Isos non deixan de ser remendos a unha política antisocial levada a cabo polas autoridades monetarias durante esta lexislatura.

Por que non toman medidas para que os traballadores e traballadoras non perdan poder adquisitivo ano a ano?

Por que non obrigan ás entidades financieiras a que a responsabilidade hipotecaria non sexa do 150% (do 200% nalgún caso) do importe da hipoteca?

Por que non toman medidas para rebaixar o importe que teñen que pagar os “hipotecados” polos Actos Xurídicos Documentados (agora págase o 1% sobre o total da responsabilidade hipotecaria) á hora de asinar unha hipoteca?

Podería seguir facendo preguntas, mais… vale a pena?

Mitin en Noalla

Política xeral 1 Comentario

Noalla

Hoxe demos un mitin na Casa Forestal-Social de Noalla.

Pola excelente asistencia de veciños e veciñas, dámonos conta que a xente agradece que o BNG expoña as súas propostas para as vindeiras eleccións ás Cortes do Estado.

Fixo unha magnífica introdución a nosa concelleira Sandra Fernández Agraso. A continuación falou, a tamén concelleira, Gloria González Camiña, que cada día sorpréndenos coa súa facilidade de palabra, a súa claridade de ideas e o xeito sinxelo e claro de espor o proxecto do BNG. Simplesmente: as dúas xenial!

Rematei eu explicando o por que da importancia que ten o voto ao BNG nas eleccións xerais do vindeiro 9 de marzo.

Aproveitando que nos atopábamos na casa dos comuneiros de Noalla, expliquei que unha das propostas que o BNG leva no seu programa é a reforma do tratamento fiscal dos “montes veciñais en man común” para que teñan unha fiscalidade adaptada ás súas características singulares.

A todos lles quedou claro que cun BNG máis forte en Madrid e conha maior presenza no Congreso dos Deputados, esta e outras reformas podrán levarse a cabo o que redundará nunha mellor calidade de vida e benestar de todos os galegos e galegas.

En definitiva, foi un acto moi produtivo.

contigo, Galiza decíde!

Política xeral 1 Comentario

Felipe González en Vigo

Política xeral 1 Comentario

Onte estivo Felipe González nun mitin do PSOE en Vigo.

Entre outras cousas dixo: “No olvidéis que sois un pueblo de emigrantes”.

Levo toda a mañá dándolle voltas á cabeza e non acabo de comprender o que quixo dicir con esa frase.

Ocorrenseme varias interpretacións e ningunha positiva:

-          Que os galegos e galegas estamos faltos de memoria.

-          Que non pretendamos outro modo de vida porque o noso destino é emigrar.

-          Que non lle demos mais voltas ao tema do voto emigrante.

-          Que para vivir fora do noso país non precisamos infraestruturas.

-          Que os emigrantes non precisan unha lingua de seu, senón aprender inglés para entenderse polo mundo adiante.

Axudádeme porque teño un lío moi grande e non creo que pretendera insultarnos un home que foi presidente do estado e que… fixo tanto polo noso país.

Agardo as vosas conclusións.

Mitin en Adina

Eventos Non hai comentarios

6 Marzo 2008
9:00 pmto10:00 pm

No Hotel Peregrina ás 21:00 horas.

Falarán:

Sandra Fernández Agraso (Concelleira)

Roberto Fernández Lores (Portavoz Municipal)

Mitin en Dorrón

Eventos Non hai comentarios

5 Marzo 2008
9:00 pmto10:00 pm

Na Casa da Cultura ás 21:00 horas.

Falarán:

David Otero Domínguez (Concelleiro)

Roberto Fernández Lores (Portavoz Municipal)

« Entradas anteriores