Turismo todo o ano

Política local 1 Comentario

Os que tivemos a sorte de nacer en Sanxenxo (e cando digo Sanxenxo estoume a referir a Adina, Bordóns, Dorrón, Nantes, Noalla, Padriñán e Vilalonga) podemos gozar todo o ano dun contorno privilexiado que conforman os seus 44 km. cadrados e das máis de vinte praias que se atopan ao longo dos 36 km. de costa, bañadas polas rías de Arousa e Pontevedra.  

Este gozo vese incrementado en días como o de onte domingo no que brillou un sol espléndido que puxo os termómetros roldando os 20 graos nas horas centrais do día. 

Aproveitando a mornura do mediodía, dinme unha volta polo porto deportivo da vila e puiden comprobar como o Atlante durmía placidamente, na inmensa cama de 13.000 metros cadrados, a súa sempiterna sesta sen ser molestado por ninguén. 

O desolador espectáculo, levou a facerme varias preguntas: 

Este era o porto deportivo, no que gastamos todos os veciños e veciñas de Sanxenxo 19 millóns de euros (tres mil douscentos millóns de pesetas!)  que ía desestacionalizar o turismo e rematar co paro en Sanxenxo? 

Por que non se celebra ningunha regata ao longo de todo o ano, agás a Audi no mes de setembro si, como din todos os expertos na materia, temos unha ría cunhas condicións inmellorábeis para a práctica deste deporte? 

Por que non se celebra ningunha actividade, agás as festas do verán, na explanada superior do aparcadoiro do porto? 

Por que non está en funcionamento a estación meteorolóxica que anunciaron dende o Concello en setembro de 2006? Leer o resto …