“Outra vaca máis no millo”
25 Febreiro, 2008 Política xeral 1 ComentarioAgora a solución que propón o PSOE para axudar a pagar as hipotecas é ampriar o prazo!
Debe parecerlle pouco que os mozos e mozas se hipotequen por 25, 30 ou 40 anos.
Isos non deixan de ser remendos a unha política antisocial levada a cabo polas autoridades monetarias durante esta lexislatura.
Por que non toman medidas para que os traballadores e traballadoras non perdan poder adquisitivo ano a ano?
Por que non obrigan ás entidades financieiras a que a responsabilidade hipotecaria non sexa do 150% (do 200% nalgún caso) do importe da hipoteca?
Por que non toman medidas para rebaixar o importe que teñen que pagar os “hipotecados” polos Actos Xurídicos Documentados (agora págase o 1% sobre o total da responsabilidade hipotecaria) á hora de asinar unha hipoteca?
Podería seguir facendo preguntas, mais… vale a pena?



