contigo, Galiza decide!
26 Febreiro, 2008 Política xeral Non hai comentariosCampaña electoral
Xa estamos metidos de cheo na campaña.
Os galegos e galegas xogámonos moito nestas eleccións. Iso quere ser agochado polos partidos maioritarios de ámbito estatal. Se non fose polo BNG, Galiza non existiría nesta campaña. Non temos mais que ver o que se falou de Galiza no debate de onte: nada!
Como o BNG parece non contar para os grandes medios de comunicación, nos estamos a trasladar a nosa mensaxe “a pé de obra”, facendo actos e celebrando mitins en todos os currunchos do noso país.
Esta mañá estiven acompañando ao noso Portavoz Nacional e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nunha visita á adega Condes de Albarei. Tamén estiveron presentes o Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal e a candidata nº 1 do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila.
Aproveitei a ocasión para preocuparme polo estado de Quin, despois do accidente de circulación que tivo cando se trasladaba a un acto en Foz. Ten un pequeno golpe nun xeonllo que non lle permite camiñar normalmente, pero el segue adiante co entusiasmo que o caracteriza.
Díxome que se lesionou coa política, cousa que nunca lle pasara cando xogaba ao fútbol, nin xogando contra o Vilalonga!, lembrando aquelas eliminatorias a “cara de can” que xogara o Allariz co Vilalonga, alá polos anos 80.



