Orzamentos do Concello (I)

Política local 2 Comentarios

Estes días, previos á presentación dos orzamentos do Concello (supoño que non tardarán), vou facer unha serie de comentarios sobre os mesmos, para dar a coñecer certos datos que os veciños e veciñas teñen dereito a saber.

Hoxe falarei sobre o capítulo I de gastos, que se refire ao custo do persoal.

Para que se vexa o “despilfarro” que neste apartado ten o Concello de Sanxenxo, vou facer unha comparativa dende o ano 2.003.

 Ano        Gastos de Persoal        Habitantes        Euros/Habit. 

——–     ——————————–      —————–        ——————-  

2003      3.938.875 Eur. (Liq.)       16.312               241,47

2004      5.050.799 Eur. (Liq.)       16.424               307,53

2005      5.931.123 Eur. (Liq.)       16.598               357,34

2006      6.564.960 Eur. (Liq.)       16.914               388,14

2007      8.352.529 Eur. (Orz.)      17.077               489,11

  

Como se pode comprobar, en 5 anos de gobernos do PP, o gasto de persoal multiplicouse por dous, mentres a poboación de Sanxenxo só aumentou en 665 persoas.

 

Chama poderosamente a atención o incremento de case 2 millóns de euros no primeiro ano de goberno da actual alcaldesa.

 

Alguén notou a diferenza en calidade de servizos, con respecto aos gobernos anteriores, que xustifiquen este incremento? Leer o resto …