Destrución a toda costa
21 Marzo, 2008 Política local 1 ComentarioAgora comézanse a ver os resultados do “marabilloso” PXOM elaborado por Telmo Martín para Sanxenxo.
Para decatarse ben das consecuencias só hai que dar unha volta en barco pola ría de Pontevedra e ollar para a costa oeste.
Iso é o que fixen eu este xoves pola mañá, aproveitando o espléndido día (segundo as televisións estatais ía chover case todos os días de semana santa en Galiza).
Que peniña da ver como está (e como vai quedar) a nosa costa e iso que inda non comezaron as obras en Punta Festiñanzo!
Ao concello de Sanxenxo non debeu chegar a recesión ao sector da construción porque, sen fixarme demasiado, contei 40 guindastres de obra á beira da costa.
Se queredes ter unha idea do asunto, botádelle unha ollada á galería do blog. Leer o resto …




