Manifestación en defensa da língua
11 Maio, 2008 Eventos Non hai comentarios| 18 Maio 2008 | ||
| 12:00 pm | to | 2:00 pm |
Polo dereito de vivirmos en galego.
| 18 Maio 2008 | ||
| 12:00 pm | to | 2:00 pm |
Polo dereito de vivirmos en galego.
O 31 de xaneiro xa escribín sobre a web do Concello.
Naquel comentario daba algunhas pistas para que a melloraran, mais fica claro que a miña opinión non interesa aos gobernantes de Sanxenxo.
Por aquel entón non reparara no saúdo da Sra. Alcaldesa.
Agora, despois de telo lido, comprendo moito mellor o contido da páxina.
Remata o saúdo (en español, claro está) co parágrafo seguinte: “E este é o noso escaparate”.
Canta razón ten!
Non hai mais que ollar o cartaz que ilustra o anuncio da “horta ecolóxica”, da que falei antonte.
Non imaxinaba ela cando escribiu este texto, alá polo mes de agosto do 2007, que a páxina ía reflectir con exactitude a “xestión” do seu goberno.
É precisamente nese apartado, no de Xestión Municipal, onde queda demostrado que a idem é nula. Si ledes o que escribín sobre o tema, o día 31 de xaneiro, veredes que podía escribir o mesmo a día de hoxe.
Que a páxina estea feita en español (e poño “español” porque, aparte do que eu pense, é o idioma no que está escrita segundo se di na propia web) será pola mesma razón que da a Sra. Alcaldesa para falar nese idioma nos actos das festas de San Xenxo: “para que me entiendan todos los visitantes”.
Para este goberno os visitantes portugueses (e hai dabondo) non contan.
Sobre este tema só teño unha dúbida: si escriben a páxina en español, por que cando inclúen declaracións da alcaldesa ou dalgún concelleiro fano en galego?
Será para que non os entendan?
Vaite ti a saber!