Fuxida cara adiante
Maio 14, 2008 6:23 pm Política xeralÉ típico nos cargos do PP utilizar a fuxida cara adiante cando se meten, por culpa da súa torpeza política, en “camisas de once varas”.
No Salnés, por desgraza, temos exemplos dabondo.
O secretario xeral do PP, Alfonso Rueda, debeu coller esas mañas no seu paso polo Concello de Cambados.
Cando veu que os alcaldes do seu partido se deran conta de que o “sentidiño” é a mellor receita para gobernar, pensou que o mais doado era seguir botándolle a culpa a Vicepresidencia.
Segundo el, como o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, non ten outra cousa que facer, agora dedícase a coller o teléfono e chamar aos alcaldes do PP!
Sr. Rueda: os nacionalistas na Xunta, comezando polo Vicepresidente e acabando polo último delegado, dedícanse a gobernar e a mellorar o benestar deste País, encomenda nada doada despois da situación no que o deixaron vostedes tras 16 anos de “desgoberno”!
As prácticas caciquís que vostedes utilizaban están esquecidas e mesmamente os seus alcaldes se dan conta de que isto é así!
A cidadanía tamén está comprobando que cos nacionalistas gobernando na Xunta de Galiza este País está mudando para mellor.
Imos ter PP na oposición por moito tempo, polo que… acougue Sr. Rueda!
