Turismo de Sanxenxo S.L.
16 Maio, 2008 Política local Non hai comentarios
Acabo de chegar de Barakaldo (Bizkaia), por iso non puiden escribir onte.
Estiven alí como membro do Consello de Administración da sociedade mixta Turismo de Sanxenxo S.L., pola parte que lle corresponde á corporación municipal.
Esta sociedade conta co apoio do BNG ao considerarmos que é fundamental a implicación do empresariado, con aportación de capital privado, nas iniciativas que as administracións teñan para a promoción do turismo, sector fundamental na economía do noso concello.
Fíxose a presentación, do destino turístico Sanxenxo, diante duns 400 axentes do sector. O acto foi todo un éxito.
A miña presenza no evento non modifica nin unha migalla a opinión que escribín neste blog o día 22 de abril, todo o contrario, reafírmome en todo o que dixen con puntos e comas.
Este tipo de acontecementos son necesarios, imprescindíbeis diría eu, e deben facerse cantos máis mellor. Outra cousa ben distinta é o orzamento que de destina a eles, non polo importe senón polo control desa contía.
Canto máis se invista en promoción do turismo mellor, mais eses investimentos deben ir encamiñados a que cada euro investido se converta en 15 de beneficios para o sector, como mantén o BNG.
Os cartos públicos son sagrados!



