Pleno Ordinario

6:21 pm Política local

Onte tivemos Pleno Ordinario en Sanxenxo. Puro trámite, como todos os plenos ordinarios neste concello.

Tamén seguiu o guión de todos os plenos da nova corporación xurdida das eleccións do ano pasado.

A sesión deu comezo as 20:30 h. e ás 21 xa estaban tratados todos os puntos da orde do día.

Logo batería de mocións como xa é habitual. A única novidade foi que o PP presentou dúas mocións. Non partiron do grupo de Sanxenxo senón que son das que lle mandan dende a “cúpula”.

Unha de apoio ao sector pesqueiro (“cosas veredes, amigo Sancho”, que diría o Quixote!) e a outra para pedir que se derogue a Norma do Habitat Galego, normal: teñen que apoiar aos seus “sectores produtivos”.

O BNG presentou dúas mocións, o PSOE tamén presentou algunha e logo retaíla de , rogos, mocións e preguntas do grupo mixto.

Non poño por orde: mocións, rogos e preguntas, porque non quedou moi claro que eran cada unha delas. Houbo mocións que logo foron rogos, rogos que contiñan preguntas e preguntas que mais ben parecían/eran/supoñían/querían ser, rogos. Todo moi “coherente”, como nos ten acostumados o voceiro do grupo mixto.

Polo menos non houbo que suspender o pleno, como outras veces, por chegar ás 12 da noite. Onte rematamos ás menos cuarto!



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.