Orzamento do Concello

Política local Non hai comentarios

Xa falta menos para aprobar o orzamento do concello para o ano 2008!

Falaba do tema o 14 de marzo coa esperanza de que se aprobara no mes de abril. Logo volvín a falar o 23 de abril agardando, inxénuo de min, que se aprobara a finais de maio.

Hoxe publica un xornal que o goberno esta ultimando o orzamento e que “podería” ser aprobado no mes de xuño.

Por algún lado lin/escoitei que o problema é que a concelleira de facenda non atopa as “arandelas”. Para os/as que non a coñezan direilles que na súa casa ten unha ferretería.

Cando falei do tema, no mes de abril, aventurei que presentarían un orzamento de 71 millóns de euros. Tamén dixen, en mais dunha ocasión, que todo o que pase dos 30 millóns é pura fantasía.

Ao parecer vai rondar os 60 millóns de euros, e di a Sra. Alcaldesa que “serán moi realistas”!

Coido lembrar que dixera o mesmo cando presentou o orzamento de 114 millóns o ano pasado.

Tamén Rodolfo Chiquilicuatre dixo que ía gañar o festival de eurovisión!

Entre “frikis” anda o xogo! Perrea… perrea.