Víase vir
Xuño 11, 2008 6:41 pm Política xeralA algúns estráñalle a medida acordada pola UE de ampliar a 65 horas semanais a xornada laboral.
E logo que agardaban con Angela Merkel mandando en Alemania, Nicolas Sarkozy gañando as eleccións en Francia e os italianos votando maioritariamente a Silvio Berlusconi?
O acordo foi tomado sen ningún voto en contra e só coa abstención dalgúns países.
“O goberno español, que inicialmente anunciara en público que mantiña unha posición contraria a esta medida, decidiu finalmente absterse na votación. A delegación encabezada polo ministro de Traballo, Celestino Corbacho, escusouse dicindo que será posíbel máis adiante emendar o texto final”.
O Partido Popular estará encantado!
Esta norma o que vai facer é deixar dentro da legalidade a certos empresarios que xa a estaban a aplicar!
Voltamos ás xornadas de 12 horas de luns a venres e ás 5 do sábado pola mañá.
Non queríamos ser europeos?
Pois ala, todos contentos: xa volvemos a ter sábado inglés!
