Transporte público
13 Xullo, 2008 Política local Non hai comentariosPor fin, despois de un ano e un mes dende que se conformou a nova corporación municipal, o grupo de goberno de Sanxenxo levou a cabo unha idea propia.
Xa temos autobuses no rural!
Ben, xa sei que o anunciaron en marzo de 2007, pero todos sabemos que as cousas da administración van lentas.
Esta é unha boa nova. Hoxe deberíamos darnos parabéns todos porque isto é unha necesidade que tiñan e os veciños e veciñas de todas as parroquias de Sanxenxo.
Agora ben, coñecendo aos nosos gobernantes e sabendo como funciona a empresa que ten adxudicado o servizo, eu, por sentido da prudencia, vou deixar que pase polo menos un ano e ver os resultados antes de mostrar a miña ledicia.
Gato escaldado escapa á auga fría.



