“DÍA DA PATRIA”

7:25 pm Política xeral

 Mañá 25 de xullo, celebraremos o día do noso país, que en palabras de Castelao é: “a festa maior de Galicia, a festa de todos os galegos”.
Esta celebración iniciouse no ano 1920, cando as Irmandades da Fala organizaron o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
As Irmandades da Fala xa proclamaron aquel ano: “esta data do 25 de Santiago, en todos os lugares do mundo onde latexa un peito galego, é data de lembranza da Patria natural que dende antigo, como agora e sempre, ha ser a única patria verdadeira dos galegos”.
O BNG como herdeiro das Irmandades da Fala e de Castelao, celebra todos os anos o 25 de xullo, o Día da Patria Galega.
Este ano queremos que sexa especial, por iso o BNG levou a cabo unha campaña durante a que celebramos máis de 200 actos públicos por todo o país, como o que fixemos en Sanxenxo o pasado 20 de xuño coa presenza do Portavoz Nacional do BNG  e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

Esta campaña rematará coa gran manifestación de mañá 25 de xullo, día en que todos e todas que levamos a Galiza no peito ateigaremos as rúas de Compostela dando unha mostra da forza que o nacionalismo ten, e que os galegos e galegas queren para este País, manifestación á que quedades todos e todas convidados.
Un País dono de seu, que poida por en valor as súas potencialidades e aproveitar os recursos produtivos que o convertan nun PAÍS NOVO, como pedíamos na campaña das eleccións galegas do 2005.
A día de hoxe, xa estamos a vivir nese PAÍS NOVO e esta transformación chegou grazas a que, co apoio dos galegos e galegas, o BNG goberna na Xunta de Galiza.
Un goberno cun Vicepresidente nacionalista que deu mostras dabondo de como se debe gobernar, un Vicepresidente que xa non vai a Madrid a pedir esmola e a ver canto lle tocaba a Galiza no reparto, como se facía antes, senón que vai a Madrid a ESIXIR O QUE POR DEREITO NOS CORRESPONDE!
Hoxe temos un goberno que conta con homes e mulleres nacionalistas que só pensan en Galiza e nos intereses dos galegos e galegas!
Hoxe, na véspera do Día da Patria, quero lembrar as palabras que dixo Castelao no seu discurso “Alba de Groria” en Bos Aires o 25-7-48:
“Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.”
 



Un comentario

  1. mfg Di:

    Todos deberían ir a Santiago e participar deses actos, pois seguro que para o ano volven.

    En Galiza, en galego

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.