Non hai nada que facer!
Agosto 1, 2008 12:22 pm PolÃtica xeralMentres sigamos a vivir neste sistema capitalista, globalizado, neoliberal e todos os outros adxectivos que lle queirades por, non temos nada que facer para mellorar o benestar dos cidadáns e cidadás de a pe.
Dende o goberno do estado seguen a ”vendernos a burra” de que hai que apertar o cinto porque a crise é moi forte.
As medidas que nos propoñen son as de sempre: conxelar os salarios, pechar a billa da auga, trocar as bombillas tradicionais por outras de baixo consumo (como novidade parece ser que nos van agasallar con unha por familia), etc., etc.
Pola contra permiten que se suprima a tarifa nocturna ou que as eléctricas suban os seus recibos un 7%.
E que pasa coas empresas? Nada!
Que corren malos tempos para o sector inmobiliario… pois a investir no sector da enerxÃa!
E aos grandes empresarios que arriscan (?) o seu patrimonio? Nada!
Que un negocio non lle vai como quixera … pois a aprobar unhas  “stock options” e a vender á mellor poxa!
Para reducir o consumo das familias e non aumentar a inflación, soben os tipos de xuro. Claro que, como xa “semos europeos”, aquà o goberno non ten (din eles) moito que facer porque é cousa do Banco Central Europeo.
Pero entón, si baixa o consumo, os bancos non dan préstamos e perderán negocio e beneficios?
Tranquilos, non vos preocupedes polo sector financeiro que cunha operación, para “axudar” a que as grandes empresas non entren en crise, xa superan aos créditos que puideran pedir mais dun millón de familias,  traballadores autónomos ou pequenas empresas.
E todo iso en 24 horas!
A que vos tamén conseguides un préstamo de 6.000 euros en 24 horas?
Â
