Visitantes do mes de xullo
Agosto 4, 2008 1:02 pm Política localSempre me resultou curioso os datos que se manexan dende o Concello para calcular o nivel de visitantes nos meses de verán: a recollida de lixo e o consumo de auga. (Seguindo eses parámetros deberían medir tamén o índice de garrafas cheas na fonte do Vimbieiro (1)).
As conclusións que tira o goberno municipal é que, segundo eses datos, o nivel de ocupación do mes xullo foi semellante ao do ano pasado.
Eu, polo que me din algúns veciños relacionados co sector da hostalería, diría que a ocupación do mes de xullo foi considerabelmente menor que a do ano pasado, pero claro eu non teño datos para facer esta afirmación.
Logo dan outro dato (que non debe ter moito que ver co nivel de visitantes) que me resulta, sempre dende o meu punto de vista, contraditorio: as oficinas de turismo atenderon un 18,72% menos de consultas que no mes de xullo do ano pasado.
En base a isto podes pensar que os visitantes son case sempre os mesmos e xa non precisan consultar as oficinas de turismo, pero logo din que o 55,67% das consultas foron feitas por xente que viña a Sanxenxo por primeira vez. Non sei, como este índice non se ten en conta para calcular o nivel de visitantes, non debe ter importancia.
Eso sí, “segundo nos comentan diversos comerciantes e hostaleiros, aínda que o número de visitantes a penas variou, si notan unha caída no consumo que se pode establecer nun 15 ou nun 20 por cento, dependendo do sector”, añadió Aguín Fernández.
Pero isto non é preocupante porque a baixada no consumo dos hostaleiros de Sanxenxo e directamente proporcional á suba do consumo nos establecementos de alimentación: Carrefour, Dia, Mercadona, Gadis, Froiz, Eko-Max e os que están por chegar: LIDL, Eroski e Supercor, quedando deste xeito o balance equilibrado.
Non sei se pensarán o mesmo os veciños e veciñas de Sanxenxo propietarios de pequenos “super”, pero pode que si.
Tamén houbo algún hostaleiro que me dixo (eu creo que de xeito malintencionado) que era normal que se mantivera o volume na recollida de lixo porque no seu hotel tivera que aumentar o persoal de limpeza (compensado coa baixada en número de camareiros) dada a cantidade de restos de comida que sacaban todos os días das habitacións.
O que non me soubo explicar este hostaleiro, para manter a súa teoría de que no mes de xullo visitounos menos xente que o ano pasado, foi o dato do consumo de auga.
Eu, para axudarlle, dinlle dúas opcións:
1ª.- Que ían mais á praia e traían mais area.
2ª.- Que eran menos pero mais limpos.
(1) Ver solución para facer o cálculo.
O sistema é moi doado:
Como os tres pichos da fonte botan sempre a mesma cantidade de auga ponse un contador na entrada do depósito soterrado que acumula a que non se recolle. Mídese o caudal que entra nun minuto (cando non haxa ninguén enchendo garrafas claro) e calcúlase cantos litros poderían entran no depósito ao día.
A diferenza entre a que podería entrar e a que entra é a que levan os visitantes.
Dividimos os litros que levan nun día entre 1,5 litros (que é o que recomendan os médicos que debería beber unha persoa ao día) e sáenos o número de visitantes.
Ben, en realidade estes cálculos habería que facelos todos os meses para sacar a diferenza entre os veciños e veciñas de Sanxenxo que levan auga todo o ano e os que só a levan nos meses de verán.

Agosto 4th, 2008 at 6:23 pm
Buenas tardes y un saludo Roberto.
Excelente comentario, siempre he pensado que el número de visitantes debería salir de la ocupación de los establecimientos de alojamiento, teniendo siempre en cuenta los visitantes de un día o de fin de semana, hecho que se está produciendo incluso desde el 15 de julio y ahora en agosto, siempre me ha sorprendido el cálculo de la basura y el consumo de agua, por dos cosas, el de la basura porque no me parece fiable en absoluto puesto que resulta simpático, el del agua tampoco porque no creo que se tenga en cuenta el consumo realizado por el riego de los jardines y por el llenado de las piscinas, pero bueno cada uno tiene sus ideas.
Me he animado a realizar este comentario, porque tocas dos sectores que conozco, la restauración y la alimentación, no tengo mucha experiencia pero bueno todo se aprende.
Sobre la restauración te diré que el 80% de los clientes llegan demandando Menú del Día (incluso los domingos), el impacto de la crisis desde la entrada del euro, el carnet por puntos y otros factores produce un cambio profundo en este sector.
Sobre la alimentación, villalonga se está quedando sin los super pequeños, la reducción de secciones en el tandy y el cierre del touriño, dejan a villalonga sin tiendas de garantía, la entrada de las grandes cadenas de alimentación produce una competencia muy fuerte.
Pero bueno, vuelvo a lo de antes cada uno tiene sus ideas, la pena es que no se den cuenta que las ideas se convierten en hechos y los hechos cambian el mundo, se debería valorar más la reflexión, por encima de una idea. Un saludo.