As praias e as fanecas
-
Estamos no mes de agosto, mes de vacacións, e o goberno local de Sanxenxo tamén debeu collelas. Ben, en realidade levan de vacacións (pagadas) 14 meses.
Como en vacacións non se xeran noticias e hai que xustificar porque se ten un gabinete de prensa ao que se lle paga todos os meses, escríbense noticias como a que publican hoxe.
Eu, despois de ler o artigo, non sei o que pretenden con el.
Ocórrenseme varios motivos, como informar de que:
- As praias de Sanxenxo teñen moitas fanecas. “1.848 picaduras de faneca”.
- Van denunciar ás fanecas. “As fanecas foron as responsábeis do 44% das intervencións…”
- Queren facer unha clasificación das praias por número de picaduras de faneca. “1ª Montalvo con 611 picaduras…”
- Na praia de Silgar hai moitos ourizos e insectos. “Silgar está ao fronte noutras incidencias como ourizos, picaduras de insectos…”
Estou seguro que estas non eran as súas pretensións, pero a min non se me ocorren outras.
Non me estrañaría nadiña que un día destes saquen outra noticia como:
“O día “tal” de agosto rachouse o record de permanencia no atasco de Portonovo a Sanxenxo. Un coche tardou 1 hora e 6 minutos en chegar desde Baltar ata A Florida. A anterior marca estaba en 59 minutos, conseguida por un coche conducido por un turista de Ourense, no día “cal” do mesmo mes de agosto do ano pasado”.
Todo o que se faga por mellorar a imaxe do concello é pouco!
Agora ben, que se boten a temblar as fanecas: está a fronte do operativo o concelleiro de seguridade cidadá!
Moito traballa este home! E con dedicación parcial! Iso si… cunha paga de 2.400 euros ao mes!

Agosto 6th, 2008 ás 9:33 pm
reconozco que cuando te pones a escribir con retranca eres magistral. Este Salvador es un portento, sacar una estadística sobre las picaduras de faneca…por qué no saca una sobre la escasez das bacalouras na carballeira de bordóns? eso pasa por meter a “gente con experiencia” en determinados puestos. SAUDOS