Recollida de lixo

8:10 pm Política local

O grupo de goberno do Concello de Sanxenxo, quere aprobar un 4º modificado no contrato coa empresa concesionaria do servizo de limpeza, que se adxudicou mediante concurso no ano 2.000 por importe de 247.103,86 €/ano.
Este contrato inicial foi sufrindo modificados, baixo unha suposta mellora no servizo, nos anos 2.001, 2.002 e 2.004 chegando ao custe actual de 776.013,39 €/ano.
Temos que lembrar que, segundo a liquidación das contas do Concello do ano 2.007, este servizo presentou un déficit anual de máis de 346.000 euros.
Agora preténdese volver a modificar o contrato cunha suba de 33.950,00 euros ao ano, por incrementar a recollida, nos meses de xuño a setembro, no contorno do Porto Deportivo de Sanxenxo e en zonas de “alta utilización”.
Isto sen custo algún para os usuarios que se verán beneficiados, co conseguinte agravio para o resto dos veciños e veciñas do concello!
Por si era pouco isto, tamén pretenden adxudicar de xeito directo o servizo de mantemento, limpeza e baleirado de papeleiras á mesma empresa.
Este servizo fora adxudicado mediante concurso, no ano 2.006, a outra empresa. O contrato rematou o 16 de marzo deste ano 2.008, sen ser obxecto de prórroga.
A empresa adxudicataria deste servizo gañou o concurso presentando unha proposta de 66.903,15 €/ano.
Agora preténdese adxudicarlla a outra, sen concurso público, por un importe anual de 109.388,64 €. O que supón un incremento do 63,50%!
Os modificados dos contratos regulaméntanse polo establecido no Real Decreto 2/2.000 de 16 de xuño que, para xustificalos, no seu artigo 101 di:
- Debe tratarse de necesidades novas e imprevistas.
- O supoñer unha porcentaxe superior ao 10% débese engadir unha memoria xustificativa e xustificar a improcedencia dunha nova licitación.
Este aspecto é sinalado no informe da Intervención Xeral do Concello.
En conclusión:
- Preténdese mellorar dun xeito importante os ingresos da actual empresa concesionaria, sen concurso público e sen a xustificación necesaria que contempla a lei.
- Vaise incrementar o déficit do servizo de recollida de lixo en máis de 76.000 euros anuais.
- Os veciños do rural de Sanxenxo van pagar a mellora dun servizo que só beneficia a uns poucos.

- Nos tempos de crise que estamos a vivir, este goberno(?) en vez de axustar custes fai ao revés e incrementaos cada vez máis!



Un comentario

  1. Valentin M. Di:

    E si ainda o servizo fora axeitado o que se paga, pero por desgracia queren cobrar mais e facelo mismo que hasta agora, zonas de contenedores cheas de lixo no chan, din que os limpan con presión. solo vin limpar os de algun hotel centrico o resto sucio, a r ecollida do lixo faise fora das horas establecidas, etc.
    por eses cartos que cobran, deberiase poder comer nos contenedores.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.