Noitebús
Agosto 22, 2008 7:47 pm PolÃtica localOnte sorprendeunos o concelleiro de seguridade cidadá de Sanxenxo cunhas declaracións en Radio Voz nas que lle botaba a culpa dos botellóns que se fan na vila aos mozos e mozas que chegan no Noitebús.
Esas declaracións poderÃan achacárselle á súa falta de experiencia ou ignorancia, mais iso ficou aclarado cando dixo que por ese motivo non asinaran o convenio coa Xunta para ter o servizo, o que fai supor que é o pensamento de todo o goberno.
Non sei pensará destas declaracións o alcalde de LalÃn, que tamén e do seu partido e pediulle axuda á Xunta para ampliar as liñas do Noitebús.
Ao parecer tampouco opinan igual que os gobernantes de Sanxenxo os da “canteira” do PP.
É verdadeiramente lamentábel que un concelleiro de seguridade cidadá critique a uns mozos e mozas que son os únicos que demostran ter sentidiño deixando os seus coches na casa e utilizan un servizo público que os salva de moitas desgrazas.
Por que non ficará caladiño!
Ou polo menos que faga honra ao seu nome!

Agosto 23rd, 2008 at 12:14 pm
As declaracións do concelleiro son INDIGNANTEs se a única medida que hai para evitar accidentes de noite non lle vale ¿que propuxo él? NADA