O xeito de facer un orzamento

12:25 pm Política xeral

Comecei a ler os artigos que escribe o profesor, xornalista, humanista, politólogo, Xosé Luis Barreiro, despois de escoitar unha conferencia que deu en Pontevedra, hai xa anos, nunhas xornadas sobre xornalismo e política.

Aquel día fixo un comentario que me ficou gravado: “a televisión interactiva principiou en Forcarei” (súa vila de nacemento).

Explicouno dicindo que cando el era neno, botaban na televisión a serie “El Conde de Montecristo” e como marchaba a luz a cotío, o día que isto ocorría, os que ían a feira de Silleda preguntaban polo que pasara no capítulo que non puideron ver e á volta contábanllo aos de Forcarei.

Non vou dicir que sempre estea de acordo co que escribe, pero son moitas as veces comparto as súas opinións e sobre todo gústame porque chama ás cousas polo seu nome.

O seu artigo de onte, é un exemplo disto.

Así como ía lendo estaba pensando que o escribira despois de estudar os orzamentos do Concello de Sanxenxo dos últimos anos.

Transcribo dous parágrafos para que entendades ao que me refiro:

“Pero o que non debería suceder é que, logo de cadrar e aprobado un orzamento formal e con todas as bendicións, todas as Administracións dedíquense a facer mangas e capirotes cos números, ata acabar empeñados ata as orellas, debendo pasta aos seus provedores e explicando os seus fracasos en función do mesmo orzamento que descobre e acusa os seus dislates”.

 “O que agora se leva, con todo, é o orzamento ao revés. Primeiro sóñanse os paraísos e as ostentacións e prométese o que haxa que prometer. E despois acúsase ao orzamento de non adaptarse aos nosos soños e de non estar escrito sobre chicle, para podelo mascar, estirar, facer globos e pegalo -xa insípido- nos escanos da oposición. E a culpa de todo, en vez de á política? ¡impútase aos números!”

Decídeme vos se non opinades o mesmo!



Un comentario

  1. Valentin M. Di:

    Xoé Luis Barreiro que siga falando asi, nunca tera nas suas vitrinas a cebola de ouro nin a raia de ouro, un trofeo moi apreciado polo mundo do xornalismo nestes momentos.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.