Moción de medidas económicas
Setembro 29, 2008 1:21 pm PolÃtica localHoxe rexistrei unha moción no Concello, que se debaterá no Pleno Ordinario de mañá, na que propoño unha serie de medidas económicas para axudar a pasar a crise tanto os veciños e veciñas como as maltreitas arcas municipais, xa que desde o goberno non vexo que se tomen medidas de ningún tipo.
A actual crise que estamos a vivir vai ter tamén repercusión nas contas dos concellos, especialmente nos que, como o de Sanxenxo, basearon sempre a súa economÃa nos ingresos procedentes do sector inmobiliario.
No BNG cremos que para poder manter os servizos que o concello presta aos veciños e veciñas todo o ano, que o nivel de benestar dos residentes en Sanxenxo non se vexa afectado pola situación na que nos atopamos e para poder levar a cabo os investimentos que se precisan, compre tomar medidas de carácter económico que se deben basear en tres aspectos fundamentais:
  1º.- Contención do gasto corrente.
  2º.- Procura de financiamento de outras administracións.
  3º.- Incremento dos ingresos ordinarios.
Para acadar os resultados do primeiro apartado é fundamental o axuste no capÃtulo de gastos de persoal. Resulta desorbitada unha nómina de preto de 8 millóns de euros para un concello de 17.000 habitantes cando por exemplo en Cambados, con 2.000 habitantes menos, non chega nin á metade ou en VilagarcÃa, co dobre de censo, ronda os 9 millóns.
No que atinxe ao segundo apartado chega con abandonar posturas partidistas e por en primeiro lugar, e por enriba de todo, os intereses dos veciños e veciñas do concello. Deste xeito resultarÃa moi doado abaratar custes en servizos como: Centro de DÃa, GarderÃas, Colexios, etc.
Por último, para conseguir o obxectivo do apartado terceiro, tendo en conta o previsÃbel descenso dos ingresos por I.C.I.O., é preciso mellorar a xestión nos seguintes puntos:
   a) Actualización dos padróns municipais.
   b) Xestión directa da recadación.
   c) Incremento da recadación por I.B.I.
A necesidade de cumprir o primeiro punto quedou demostrada na liquidación das contas do Concello dos anos 2.006 e 2.007, nas que se reflicte a total ausencia de ingresos por novas altas no padrón do I.B.I. Esta actualización asegurarÃa un importante incremento dos ingresos tanto en impostos como en taxas.
En canto ao segundo punto, dende o BNG consideramos que coa cuarta parte dos 369.000 euros que se pagaron no ano 2.007 pola xestión externa da recadación pódese crear un servizo municipal que garanta uns maiores ingresos e unha mellor atención aos veciños e veciñas de Sanxenxo.
Por último centrámonos no I.B.I. por tratarse do imposto que máis incidencia ten nos ingresos ordinarios.
Segundo os datos publicados pola Dirección Xeral do Catastro, no ano 2.003 o Concello de Sanxenxo tiña 492 hectáreas de solo urbano e 3.908 hectáreas de solo rústico. Coa aprobación do PXOM, no ano 2.003, pasou a catalogarse como solo urbano 809 hectáreas e como solo urbanizábel delimitado outras 262 hectáreas o que fai un total de 1.071 hectáreas, das que 579 Ha. seguen a ser actualmente consideradas como solo rústico e cotizando como tal.
Si este cambio de catalogación se actualizara no catastro, os ingresos por I.B.I. verÃanse fortemente incrementados sen necesidade de aumentar o gravame para este imposto.
Por outra banda, segundo os últimos datos publicados polo I.N.E., no ano 2.001 o Concello de Sanxenxo tiña un censo de 13.705 vivendas, das que 4.713 eran principais, 1.855 secundarias e 7.113 estaban valeiras.
Se temos en conta que desde o ano 2.001 concedéronse licenzas para algo máis de 2.000 vivendas, podemos calcular que actualmente Sanxenxo conta con aproximadamente 16.000 vivendas.
En resumo, actualizando o padrón (lembremos que nos anos 2.006 e 2.007 non se deu de alta ningunha nova vivenda) e actualizando o catastro poderÃase manter o gravame do IBI no actual 0,45% e bonificar aos veciños e veciñas residentes en Sanxenxo, con vivenda en propiedade ou aluguer todo o ano, nun 10% do seu recibo, acadando deste xeito tres resultados:
  - Axudar á economÃa familiar dos veciños e veciñas de Sanxenxo.
   - Aumentar os ingresos ordinarios do Concello.
  - Fomentar o incremento do censo de residentes no noso concello e deste xeito obter unha maior participación nos ingresos procedentes dos Tributos do Estado.
Para acadar estes obsectivos, na moción pido que se tomen as seguintes medidas:
         1º.- Que se actualice o padrón de vivendas de Sanxenxo.
        2º.- Que se inicien con toda urxencia os trámites para a actualización do Catastro.
        3º.- Que se conxele o tipo de gravame do I.B.I. para o ano 2.009.
        4º.- Que se contemple unha bonificación do 10% no recibo do I.B.I. para as vivendas principais ou alugadas con inquilinos censados no Concello de Sanxenxo.
        5º.- Que se cree un Servizo Municipal para a recadación directa dos impostos e taxas municipais.
Agora só depende de que os nosos gobernantes(?) acepten estas propostas ou non.
Por darlle ideas que non quede!

Setembro 30th, 2008 at 12:32 pm
Sr. Lores,
Por favor, antes de proponer ninguna medida, asegúrese de que los datos catastrales que aporta son reales. En su caso son completamente inciertos. Verifique la información que aporta y sus fuentes.
Setembro 30th, 2008 at 6:14 pm
Estimada Ana,
Graciñas polo seu comentario.
Coido que as fontes están ditas no comentario.
Tamén quero informarlle que a última vez que se revisou os valores catastrais de Sanxenxo foi no ano 1.996.
Un saúdo.
Outubro 1st, 2008 at 6:20 am
Sr. Lores,
La NO realización de un procedimiento de valoración colectiva de carácter general no implica en ningún momento que no se hayan dado altas en el padrón que es lo que usted denuncia, y por lo tanto es incierto.
Verifique el número de inmuebles en los padrones de los últimos años si quiere tener un dato mÃnimamente objetivo y real.
Un saludo.