Aulas de Espera (Resolución)
Outubro 1, 2008 1:45 pm Política localNo Pleno Ordinario celebrado no día de onte no Concello de Sanxenxo, o grupo de goberno do Partido Popular rexeitou a moción que presentou a miña compañeira Sandra, na que solicitaba que se habilitara unha “Aula de Espera” en todos os colexios públicos do concello.
Ao contrario do que publica hoxe algún medio de comunicación, o PP non só votou en contra da moción do BNG senón que a concelleira Mª Paz Lago dixo que o documento era un “panfleto” e afirmou que o Concello de Sanxenxo non asinaría convenio algún coa Consellería de Educación para este tema, como se pedía na moción.
No BNG estamos convencidos de que todas as administracións teñen que asumir a súa parte neste servizo tan necesario, e tan demandado, para poder conciliar a vida familiar e laboral, tanto o Concello como a Consellaría de Educación, e non deixar a xestión a expensas unicamente das ANPAS e o financiamento íntegro aos pais e nais.
Tamén lamentamos a falta de sensibilidade con este tema por parte do goberno municipal e queremos felicitar á ANPA do colexio “O Cruceiro” de Vilalonga que con tanto esforzo están levando a cabo esta medida.
Desde o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego tamén queremos denunciar a dobre moralidade e actuación do goberno do PP e de xeito especial dá concelleira Mª Paz Lago que por unha banda envía á prensa unha nota dicindo que a moción ía a ser apoiada e por outra vota en contra da mesma no Pleno.
Chama poderosamente a atención que o que vale para outros gobernos municipais do PP en concellos do Salnés non lle gusta ao de Sanxenxo!
