Medidas económicas II

5:25 pm Política local

Di o refrán que “non hai peor xordo que o que non quere ouvir”. Non sei que expresión usar para os que non queren ler!
Como sempre, este goberno de Sanxenxo, ao carecer de iniciativas dedicase a criticar, non só rexeitar, as medidas que o BNG propón para mellorar a situación do Concello. Dito doutro xeito: fai oposición á oposición.
Onte falei da súa negativa a por en marcha as “Aulas de Espera” como pedía o BNG, a través da moción presentada pola compañeira Sandra.
Hoxe vou incidir na moción de medidas económicas, por se a alguén non lle quedou ben claro.
Basicamente o que se pedía era:
- Que o tipo de gravame do I.B.I. fora conxelado.
O goberno acaba de anunciar que o subirá, inda que algo menos que o I.P.C.
- Que se bonificase o recibo do I.B.I. nun 10% aos veciños e veciñas de Sanxenxo.
En que parte destas medidas vedes que se prexudique aos veciños e veciñas?
- Que se cree un servizo municipal para a recadación directa das taxas e impostos.
Actualmente a recadación está xestionada polo ORAL que lle cobrou o ano pasado ao Concello de Sanxenxo 369.000 euros pola devandita xestión. Pero non é só iso, é que a súa xestión é tan mala que no ano 2.006 o Concello tivo que dar por incobrables 3.900.000 euros e no 2.007 outra cantidade semellante dos 11 millóns de euros que estaban en dubidoso cobro dende o ano 88, inda que as grandes cifras son a partir do ano 2.000.
Pero pedir que se reduzan os impostos sen dar alternativas para manter os ingresos necesarios para pagar os servizos que presta o Concello sería un xeito de facer oposición irresponsábel e demagóxica.
Por iso desde o BNG pedimos que paguen os que teñen que pagar.
Pedimos que se dean de alta no catastro as novas vivendas, xa que nos anos 2.006 e 2.007 non se deu ningunha e como todos ben sabedes fixéronse bastantes.
Pedimos que se actualice o catastro para que paguen como solares todos os que mercaron terreos nos solos urbanizábeis.
Sabíades que os novos propietarios de  Monte Faro, Altos de Miraflores, A Granxa, Os Cotos, O Pombal de Bordóns, Parque Empresarial, Altín-Noalla, Altamira, Major, etc., seguen pagando o I.B.I. como se eses terreos seguiran a ser rústicos, cando pasaron a ser urbanizábeis coa aprobación do PXOM no ano 2.003?
Pois iso…



2 Comentarios

  1. toñi vicente Di:

    tiveches un accidente coa policía local?

  2. robertolores Di:

    Non, non houbo tal accidente, non sei de onde sale ese bulo!

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.