Plan de Igualdade

1:06 pm Política local

Hoxe quero transcribir a nota que redactou a miña compañeira Sandra na que pon en evidencia a hipocresía da nosa alcaldesa.

No Pleno Ordinario celebrado o día 29 de xullo aprobouse o II Plan de Igualdade  do Concello de Sanxenxo. Xa naquel momento o BNG deixou ao descuberto o desinterese do equipo de goberno neste eido, cando se  lle lembrou á alcaldesa a falla de paridade na composición dos Consellos de Administración das distintas empresas municipais, respondendo esta que non ía poñer a ningunha muller en ningún posto se non valía. Con estas verbas a Alcaldesa deixou patente a desconfianza que ten nas mulleres do seu grupo de goberno, descubrindo así a súa incompetencia.

Hoxe, atopámonos coa distribución do Plan, convertido nun “panfleto” de imprenta, e o BNG vese na obriga de volver a denunciar, unha vez máis,  o incumprimento do  devandito Plan.

Unha das  actuacións sobre a igualdade de oportunidades na institución pública di: “Garantir unha presenza igualitaria de ambos sexos nos tribunais selectivos da Administración Local”.  Nos dous últimos Tribunais Cualificadores para a contratación laboral por interinidade, estaban compostos, para a praza de Técnico en Artes Plásticas por 4 homes (o secretario accidental, o xefe do negociado de persoal, un funcionario da área de intervención e o arquiveiro municipal), e para a praza de Delineante por 5 homes (o secretario accidental, o xefe de negociado de persoal, un funcionario da área de intervención, o enxeñeiro técnico municipal e o técnico de emprego e persoal).  

No BNG consideramos que hai funcionarias cualificadas que poden formar parte dos Tribunais de Contratación, garantindo esa presenza igualitaria da que fala o Plan,  e considera que o Concello de Sanxenxo ten a obriga de ser unha institución exemplar neste ámbito.

O BNG, defende e defenderá sempre a igualdade entre sexos, por iso nos causa tanto estupor ver como a alcaldesa despreza ás mulleres deste concello, non só a valía das súas compañeiras de partido e a valía das funcionarias, senón que demostra que non cre na igualdade e por iso é incapaz de aceptar un Plan conciliador como as AULAS  DE ESPERA para que as mulleres do Concello de Sanxenxo poidan acceder ao mercado laboral e así empezar a poñer en marcha ese Plan de Igualdade que tan bonito lle quedou en papel de imprenta.



2 Comentarios

  1. CLEOPATRA Di:

    SOLO LLE VAN AS JUAPAS E CAPACITADAS, ANDATE CON OLLO SANDRA

  2. sin nombre Di:

    pareceme absurdo todo aquelo que ven do absurdo.gustaria ver a mais de un gobernando haber como o facedes.seguro que inmellorables,pois si e asi haber cando ganades e o demostrades

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.