Sanxenxo: “A desfeita”

Política local 1 Comentario

Para poder chegar a entender a diferenza entre estas fotos, podedes ler a ponencia que presentou no XXII Congreso de Xuíces para a Democracia, en xuño do 2007, Victoriano A. Otero Iglesias, xunto con Antonio Castro Martínez.

Nese documento, a partir da páxina 10, danse as claves de como se transformou a vila de Sanxenxo ata chegar á desfeita de hoxe.

Fala do “boom” do turismo nos anos 60, da licenza do edificio “Herpi”, das normas subsidiarias de 1.990 e da tramitación do actual PXOM de Telmo Martín.

É un texto de 25 páxinas, mais de fácil lectura, cheo de anécdotas e coa “retranca” que caracteriza a literatura de Victoriano.

É unha mágoa que nos teñamos que conformar co dito no derradeiro parágrafo do documento!

Podedes ler o texto completo aquí.

Entrevista en Telesalnés

Sen clasificar Non hai comentarios

Parte 1/3

Parte 2/3

Parte 3/3

Recheo en Rexenxo (Dorrón)

Política local 1 Comentario

O goberno do PP de Sanxenxo ten verdadeira afección aos recheos á beira dos regatos. Recheo no lugar de Freixeiro en Dorrón, recheo na finca municipal do Revel e na Xuncablanca en Vilalonga e agora en Rexenxo.

Consentiron edificar enriba do regato Navalón de Sanxenxo e enriba do río Fabaíños de Portonovo.

Claro que non toda a culpa é deles…  Augas de Galicia tamén “pasa” do tema e consinte todo.

 Tanto lle da que o recheo sexa en solo de protección ou en non sectorizado.

Cada vez que o BNG denuncia un recheo, o goberno sempre alega “ignorancia”.

No Consello da Xerencia de Urbanismo do pasado día 13 de novembro ao preguntar eu polo recheo de Rexenxo o concelleiro de urbanismo dixo descoñecer o asunto e a alcaldesa dixo que tampouco sabía nada e que “solicitará información”.

Menten cun descaro que é sorprendente! Sabían de sobra que se estaba a producir o recheo, sabían que as toneladas de terra que se estaba a verter eran as que saían do ensanche da estrada de Dorrón. Mais é igual… non vai con eles.

No Pleno do martes pasado o compañeiro David fixo un rogo para que se emitira un informe sobre o devandito recheo.

No Consello da Xerencia de Urbanismo de onte o concelleiro de urbanismo díxome (sen porse nada colorado) que a empresa que está a facer o recheo tiña pedida licenza hai tempo e que estaba pendente de recibir os informes sectoriais para concederlla.

Cal será a xustificación que dean para autorizar un movemento de terras semellante en solo de protección e parte en solo non sectorizado?

Válelles calquera e a Augas de Galicia tamén. Xa vos contei nunha ocasión que este organismo, nas súas oficinas de Vigo, ten un cartaz que di: “Adeus rios, adeus fontes, adeus regatos pequenos…”

Estamos “reprobados”!

Política local 3 Comentarios

No Pleno Ordinario de onte o Partido Popular de Sanxenxo presentou unha moción para “reprobar” ás concelleiras do BNG, Sandra Fernández Agraso e Gloria González Camiña e a min mesmo.

O outro concelleiro do BNG, David Otero Domínguez, “salvouse” da reprobación, por non poder asistir á rolda de prensa que demos para denunciar as irregularidades do Centro de Día, e mira que lle insistiu á alcaldesa para que o incluíra tamén na reprobación, pero nin con esas! Ata lle dixo: “cando ameaza a unha compañeira miña con medidas xudiciais por dicir a verdade, eu quero estar fronte a vostede”. Mais… nada, que o compañeiro David ficou sen “reprobación”!

Do que non se da conta a alcaldesa é de que coa súa moción non estaba reprobando aos concelleiros e concelleiras do BNG, o que fixo foi reprobar á empresa concesionaria que sabe que o que dixo o BNG é certo. Estaba reprobando aos traballadores e traballadoras do Centro de Día que se negaron a asinar un escrito, que lle presentou a alcaldesa, no que se dicía que o BNG mentira. En definitiva, estaba reprobando a todos os veciños e veciñas de Sanxenxo que saben que o que dixo o BNG é certo.

Con esa reprobación (de quen sería a idea? Desde logo dela non!) tratou de desviar a atención sobre a crúa realidade: nos últimos meses o Centro de Día xestionouse rematadamente mal.

O problema é que, e agardo equivocarme, moito me temo que seguiremos a falar das deficiencias do Centro de Día.

Polo de pronto, unha semana despois de pedilo o BNG, seguimos sen contar co informe da Intervención Xeral do Concello no que se detalle as datas e os importes abonados á empresa concesionaria no ano 2.008 e da Comisión de Seguimento e Control do Centro de Día inda non sabemos nada.

Logo non queren que digamos que agochan as cousas!

Recoméndolle á alcaldesa e ao grupo de goberno que gobernen e que se deixen de facer oposición da oposición, porque así nunca se resolven os problemas que padecen os veciños e as veciñas de Sanxenxo.

Satisfacción do deber cumprido

Política local 1 Comentario

Como persoa e como galego sinto unha grande satisfacción por pertencer a unha organización política como é a do Bloque Nacionalista Galego.

Como militante do BNG sinto unha grande satisfacción de estar rodeado de persoas como son os e as militantes e simpatizantes da nosa agrupación local de Sanxenxo.

Como portavoz do grupo municipal do BNG de Sanxenxo sinto unha grande satisfacción por contar cuns compañeiros e compañeiras como Gloria González Camiña, David Otero Domínguez e Sandra Fernández Agraso.

Como veciño de Sanxenxo sinto unha grande satisfacción porque os problemas do Centro de Día quedaran definitivamente arranxados.

Tamén sinto unha grande satisfacción porque a actuación do grupo municipal do BNG foi en todo momento ética e responsábel, sendo tamén decisiva para que os problemas se solucionaran.

Se nalgún intre creouse “alarma social” con este caso foi única e exclusivamente pola resposta desairada e fora de lugar da alcaldesa do Partido Popular de Sanxenxo.

Sería reiterativo lembrar que o grupo municipal do BNG tratou de que a xestión do Centro de Día fose supervisada en Comisión, cousa á que se negou o grupo de goberno do PP.

Ante esta negativa, o grupo municipal do BNG limitouse a por en coñecemento dos veciños e veciñas de Sanxenxo unha situación que nos trasladaron as propias traballadoras do Centro de Día.

Todas e cada unha das deficiencias que denunciamos o pasado luns foron confirmadas, en maior ou menor medida, pola alcaldesa, tanto na súa primeira comparecencia como na posterior unha vez pasada a inspección.

Ao parecer, a inspección levada a cabo no centro constatou que xa non había ningún problema, que a despensa xa estaba chea, que xa lle pagaran o xoves pasado os tres meses atrasados á empresa que xestiona o centro, que as traballadoras xa cobraran a totalidade do mes de outubro, que os menús cambiáranse… pero pouco e que non teñen terapeuta ocupacional mais xa están buscando outro/a.

De todas estas circunstancias os primeiros en alegrarse somos os compoñentes do grupo municipal do BNG.

Eu sinto unha grande satisfacción persoal do traballo feito polo grupo municipal do BNG neste asunto e nomeadamente polo da compañeira Sandra.

Grazas á actuación do BNG todo volveu á normalidade: a empresa cobrou, os traballadores e traballadoras percibiron a totalidade dos seus merecidos salarios e, o que é máis importante, os usuarios e usuarias do Centro volven a dispor dunha alimentación e servizos axeitados.

Esta é a satisfacción do deber cumprido!

Centro de Día

Política local Non hai comentarios

Que pretendería demostrar a alcaldesa convidando a xantar onte no Centro de Día á prensa, a conta de todos os veciños e veciñas de Sanxenxo?

Quen creou “alarma social”, o BNG pedindo que que convocara a comisión de seguimento no mes de maio ou a alcaldesa non convocandoa e permitindo que pasara o que pasou?

Tivo que o BNG falar do asunto para que o goberno “lle pedira á empresa por escrito que lle aclarara esta situación”.

As declaracións feitas onte pola alcaldesa non fan mais que confirmar a veracidade dos feitos denunciados polo BNG, deixando patente a súa incapacidade de xestión e control ao tratar de botar a culpa da situación á empresa xestora e ás propias traballadoras do centro.

Antes de facer pública a situación de abandono do centro de día, o BNG solicitou da alcaldesa a convocatoria da Comisión de Seguimento da xestión do centro, e como resposta deulle largas, aducindo a baixa da directora pero sen preocuparse en coñecer directamente os feitos denunciados.

A responsabilidade do BNG levounos a non facer público o incendio acontecido no centro este ano, agardando a que a comisión de seguimento do centro aceptara a iniciativa do BNG para elaborar un plan de evacuación, hoxe inexistente grazas a neglixencia da alcaldesa e do goberno do PP.

O BNG está disposto a colaborar, como sempre facemos, co goberno local, pero para iso hai que estar dispostos a escoitar as nosas propostas e ser receptivos as nosas denuncias, sobre todo cando o único que pretenden e o benestar das persoas maiores e a súa seguridade.

Centro de Día

Política local 3 Comentarios

Hoxe demos unha rolda de prensa, as miñas compañeiras Sandra e Yoya e mais eu, para falar do que está a acontecer no Centro de Día de Sanxenxo.

Aqui vos deixo un resumo do que dixemos: Leer o resto …

Contención do gasto

Política local Non hai comentarios

Sempre dixen, desde que son portavoz do BNG en Sanxenxo, que os orzamentos deste Concello están feitos sen rigor e aumentados coa única intención de ser un titular de prensa cando os presentan.

A veces penso cal pode ser a intención do grupo de goberno ao facer isto así, ano tras ano, cando saben que coa liquidación das contas queda ao descuberto a realidade.

Pero cando digo que están “inflados” estou a falar das cifras totais, debido sobre todo ao capítulo de investimentos, porque as miúdas, na maioría dos casos, están axustadas á realidade.

Un exemplo disto é o importe que, no orzamento do 2.008, se destinan a alugueres: 350.000 euros anuais!

Deste importe total, 160.000 euros son para aluguer de instalacións. Mais a política de contención do gasto, da que presume o goberno, non chegou a este capítulo. Acabamos de renovar o contrato de aluguer do local no que está instalada a Xerencia de Urbanismo por 3.105 euros ao mes (máis IVE).

Isto podedes comprobalo na páxina web do Concello, no apartado “Perfil do contratante”, para que non vos digan que é unha mentira do BNG.

Gastáronse 1.233.000 euros na remodelación da Casa do Concello e temos que seguir alugando locais para atender os servizos municipais!

Outro día falarei dos 124.000 euros que pagamos ao ano por aluguer de vehículos.

Boas e malas prácticas

Política xeral Non hai comentarios

Mariano Rajoy fixo onte unhas declaracións sobre a crise que resultan, cando menos, ”chamativas” vindo de quen veñen.

O titular dun xornal é o seguinte: “Rajoy reclama seriedade a empresas e bancos fronte ás “malas prácticas” do pasado” e logo di: “O presidente do PP censura os excesos causantes da crise”.

Permítese aconsellar a Zapatero para que siga a política levada a cabo polo goberno Aznar nos anos 96 e 97.

Facendo un pouco de memoria, vexamos que pasou neses anos.

Aznar toma posesión o 5 de maio de 1.996. No Consello de Ministros do 28 de xuño dese mesmo ano (no que estaba Mariano Rajoy) crea o Consello Consultivo de Privatizacións.

Durante os anos 96 e 97, entre outras e por poñer as máis salientábeis, fanse as OPV (Oferta Pública de Venta), falando en prata: privatizacións, das empresas de capital público seguintes :

Gas Natural

Repsol

Endesa

Telefónica

Aldeasa

Aceralia

Por estas privatizacións o goberno obtivo uns ingresos “atípicos” de 2 billóns de pesetas (12 mil millóns de euros).

Pero con estas operacións non só gañou o estado. Os bancos e caixas de aforro, que foron os “colocadores” destas accións, levaron unha comisión de entre un 2 e un 3 por cento, sen contar os ingresos dos préstamos que concederon aos particulares para que acudiran á compra de accións.

Só a “colocación” das accións de Telefónica supuxeron un montante de 660.000 millóns de pesetas. Por esta operación os bancos e caixas levaron unha comisión de 103 millóns de euros.

Agora temos a Zaplana de Delegado para Europa de Telefónica, cobrando un millón de euros ao ano.

Que veña a estas alturas Mariano Rajoy falando de “boas prácticas” do PP … manda truco!

Radio Galega

Política local 1 Comentario

Esta semana fixéronlle á Sra. Alcaldesa de Sanxenxo unha entrevista na Radio Galega.

A cousa non tería a maior importancia senón fora porque máis que unha entrevista radiofónica a unha alcaldesa, desde un medio de comunicación público, parece o espazo publicitario dun político en campaña.

Desde logo o entrevistador “currouse” o asunto. Buscou veciños “anónimos” para facerlle preguntas á alcaldesa: o presidente do CETS e o presidente de Entretendas! 

Hai que recoñecer que, inda que a “interviu” foi do mais “rosa”, a nosa rexedora ten unha especial habilidade para dar unha imaxe de “bondade” que xa quixeran outros/as.

O problema é que esa imaxe só a poden crer os que non saiban de que vai o conto, ou o que é o mesmo, os que non son de Sanxenxo.

Foi especialmente elocuente cando dixo: “Non entendo estes encrespamentos que hai cando alguén pensa distinto…” “… a capacidade de defender que outra persoa poida ter plantexamentos distintos…”

Lembrádesvos dun anuncio (non sei de que era) de televisión que remataba: “Mentiroooooso!”

Agora ben, o que en realidade me deixou preocupado foi a reacción da locutora da radio cando a alcaldesa falou da súa filla.

Se non tivestes ocasión de escoitala podedes facelo aquí.