Radio Galega
Novembro 9, 2008 11:42 pm Política localEsta semana fixéronlle á Sra. Alcaldesa de Sanxenxo unha entrevista na Radio Galega.
A cousa non tería a maior importancia senón fora porque máis que unha entrevista radiofónica a unha alcaldesa, desde un medio de comunicación público, parece o espazo publicitario dun político en campaña.
Desde logo o entrevistador “currouse” o asunto. Buscou veciños “anónimos” para facerlle preguntas á alcaldesa: o presidente do CETS e o presidente de Entretendas!
Hai que recoñecer que, inda que a “interviu” foi do mais “rosa”, a nosa rexedora ten unha especial habilidade para dar unha imaxe de “bondade” que xa quixeran outros/as.
O problema é que esa imaxe só a poden crer os que non saiban de que vai o conto, ou o que é o mesmo, os que non son de Sanxenxo.
Foi especialmente elocuente cando dixo: “Non entendo estes encrespamentos que hai cando alguén pensa distinto…” “… a capacidade de defender que outra persoa poida ter plantexamentos distintos…”
Lembrádesvos dun anuncio (non sei de que era) de televisión que remataba: “Mentiroooooso!”
Agora ben, o que en realidade me deixou preocupado foi a reacción da locutora da radio cando a alcaldesa falou da súa filla.
Se non tivestes ocasión de escoitala podedes facelo aquí.

Novembro 10th, 2008 at 3:18 pm
O que máis me gustou da entrevista, e que deixa patente o seu posicionamento ante lei de igualdades, cando di que os homes xa teñen bastante con aguantarnos ás mulleres.