Boas e malas prácticas

9:14 pm Política xeral

Mariano Rajoy fixo onte unhas declaracións sobre a crise que resultan, cando menos, ”chamativas” vindo de quen veñen.

O titular dun xornal é o seguinte: “Rajoy reclama seriedade a empresas e bancos fronte ás “malas prácticas” do pasado” e logo di: “O presidente do PP censura os excesos causantes da crise”.

Permítese aconsellar a Zapatero para que siga a política levada a cabo polo goberno Aznar nos anos 96 e 97.

Facendo un pouco de memoria, vexamos que pasou neses anos.

Aznar toma posesión o 5 de maio de 1.996. No Consello de Ministros do 28 de xuño dese mesmo ano (no que estaba Mariano Rajoy) crea o Consello Consultivo de Privatizacións.

Durante os anos 96 e 97, entre outras e por poñer as máis salientábeis, fanse as OPV (Oferta Pública de Venta), falando en prata: privatizacións, das empresas de capital público seguintes :

Gas Natural

Repsol

Endesa

Telefónica

Aldeasa

Aceralia

Por estas privatizacións o goberno obtivo uns ingresos “atípicos” de 2 billóns de pesetas (12 mil millóns de euros).

Pero con estas operacións non só gañou o estado. Os bancos e caixas de aforro, que foron os “colocadores” destas accións, levaron unha comisión de entre un 2 e un 3 por cento, sen contar os ingresos dos préstamos que concederon aos particulares para que acudiran á compra de accións.

Só a “colocación” das accións de Telefónica supuxeron un montante de 660.000 millóns de pesetas. Por esta operación os bancos e caixas levaron unha comisión de 103 millóns de euros.

Agora temos a Zaplana de Delegado para Europa de Telefónica, cobrando un millón de euros ao ano.

Que veña a estas alturas Mariano Rajoy falando de “boas prácticas” do PP … manda truco!



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.