Recheo en Rexenxo (Dorrón)
Novembro 28, 2008 8:28 pm Política localO goberno do PP de Sanxenxo ten verdadeira afección aos recheos á beira dos regatos. Recheo no lugar de Freixeiro en Dorrón, recheo na finca municipal do Revel e na Xuncablanca en Vilalonga e agora en Rexenxo.
Consentiron edificar enriba do regato Navalón de Sanxenxo e enriba do río Fabaíños de Portonovo.
Claro que non toda a culpa é deles… Augas de Galicia tamén “pasa” do tema e consinte todo.
Tanto lle da que o recheo sexa en solo de protección ou en non sectorizado.
Cada vez que o BNG denuncia un recheo, o goberno sempre alega “ignorancia”.
No Consello da Xerencia de Urbanismo do pasado día 13 de novembro ao preguntar eu polo recheo de Rexenxo o concelleiro de urbanismo dixo descoñecer o asunto e a alcaldesa dixo que tampouco sabía nada e que “solicitará información”.
Menten cun descaro que é sorprendente! Sabían de sobra que se estaba a producir o recheo, sabían que as toneladas de terra que se estaba a verter eran as que saían do ensanche da estrada de Dorrón. Mais é igual… non vai con eles.
No Pleno do martes pasado o compañeiro David fixo un rogo para que se emitira un informe sobre o devandito recheo.
No Consello da Xerencia de Urbanismo de onte o concelleiro de urbanismo díxome (sen porse nada colorado) que a empresa que está a facer o recheo tiña pedida licenza hai tempo e que estaba pendente de recibir os informes sectoriais para concederlla.
Cal será a xustificación que dean para autorizar un movemento de terras semellante en solo de protección e parte en solo non sectorizado?
Válelles calquera e a Augas de Galicia tamén. Xa vos contei nunha ocasión que este organismo, nas súas oficinas de Vigo, ten un cartaz que di: “Adeus rios, adeus fontes, adeus regatos pequenos…”




Novembro 29th, 2008 at 1:16 am
Lembro con certa tristura os meus comentarios,a vos compañeiros,cando fai xa algún tempo vos dicia que o da construcción ía ser un autentico bluff,e que mirasemos moito,moito polo respeito os humedais,rios e regatos,porque eles só se fixaban en beneficios de pucho mais xamais se decataron da importancia da permanencia do meio ambente.E nós NON QUEREMOS MEIO AMBENTE PORQUE NÓS O AMBENTE QUEREMOLO ENTEIRO.