27 Decembro, 2008
Política local
Non hai comentarios
A alcaldesa de Sanxenxo dixo no último pleno celebrado que: “Onde hai documentos, calan barbas”.
Aplicando ese certeiro dito, hoxe temos que “tirar” de documentación para demostrar que está mentindo can di que, “O desenvolvemento de Monte Faro íase facer polo sistema de cooperación, pero os promotores propuxeron ao Concello que se fixese por compensación. Pareceunos ben e a cantidade que aportaron de ¬8.628.488 euros¬ foi por este cambio, por nada máis. O Concello non se comprometeu a eximirlles de nada, nin se lles vendeu edificabilidade, nin é certa ningunha das afirmacións que o BNG ven vertendo reiteradamente desde aquel momento”. Leer o resto …
26 Decembro, 2008
Política local
Non hai comentarios
Despois de ano e medio do novo goberno de Sanxenxo, confirmáronse as peores expectativas que deparaba este grupo do PP.
A falta de iniciativa e a incapacidade que caracteriza ao grupo de goberno, fai que o Concello de Sanxenxo se atope na mais profunda das parálises.
A súa ineficacia provoca que as novas importantes que xera o Concello non sexan pola realización de proxectos e actuacións sociais senón polos conflitos que crean esas actuacións.
Estes conflitos, a diferenza doutros anos, non se limitan exclusivamente ao departamento de urbanismo, que tamén, senón que se ven afectados todos as áreas do goberno.
Non se libra nin un só dos concelleiros e concelleiras do PP: UNS POR MAL FACER E OUTROS POR NON FACER NADA! Leer o resto …
17 Decembro, 2008
Política local
1 Comentario
Para entender a problemática da vivenda protexida en Sanxenxo deberemos ter en conta varios aspectos.
En primeiro lugar temos que falar do PXOM aprobado no ano 2.003 por Telmo Martín, co visto e prace da Xunta gobernada naquel entón polo PP, nun tempo record e con importantes reparos da Dirección Xeral de Urbanismo á aprobación inicial que, salvo erro, non foron tidos en conta na aprobación definitiva. Non sei por que sería…
Leer o resto …
16 Decembro, 2008
Política local
1 Comentario

Hoxe presentóunos a alcaldesa a súa alternativa ao Plan Sectorial de Vivenda.
Quere que as vivendas de VPO se fagan nos solos urbanizábeis números 1, 3, 6, 7, 8, 12, 23, 26, 27 e 29, espallados por todo o concello. En Sanxenxo e Portonovo nin unha sola vivenda protexida!
O BNG valora positivamente que o Concello de Sanxenxo presente unha proposta alternativa ao Plan Sectorial de Vivenda da Consellaría de Vivenda e Solo. Este debería ser o punto de partida para un entendemento entre ámbalas dúas administracións para que Sanxenxo conte con vivenda protexida que dea solución á actual carencia que neste ámbito sofre o noso concello.
Unha vez dito isto, desde o BNG consideramos que a proposta que presenta o Concello non é a máis acaída para obter os obxectivos que pretende o Plan Sectorial.
Estando de acordo en que a actuación non debe centralizarse nun só ámbito, estimamos que espallar a vivenda protexida polas zonas periféricas do concello non da resposta, senón todo o contrario, as necesidades que este tipo de actuacións buscan solventar: favorecer a cohesión social, achegar a vivenda aos servizos e postos de traballo, asentar poboación nos núcleos urbanos e revitalizar o comercio local.
Tendo en conta que os núcleos de poboación máis importantes do concello son as vilas de Sanxenxo e Portonovo, que concentran a maioría das infraestruturas e equipamentos urbanos (saúde, educación, mercados, piscina, centro de día, etc.), por non falar do comercio, non se pode entender que nestes dous núcleos non se propoña desde o Concello a construción de vivenda protexida algunha.
O goberno do PP de Sanxenxo rexeita o método empregado pola Consellaría de Vivenda para a obtención do solo para vivenda protexida, mediante mutuo acordo ou permuta cos propietarios, mentres aproba que os promotores privados utilicen a expropiación para levar a cabo os seus proxectos, como acaba de acontecer no S.U. 9 de Punta Festiñanzo.
A alcaldesa non quere vivenda protexida para Sanxenxo, senón a proposta que presenta como alternativa ao Plan Sectorial podía tela desenvolvida a empresa municipal Ínsula, que leva dous anos sen actividade algunha.
Nos pedímoslle ao goberno de Sanxenxo que poña a disposición da Consellería de Vivenda solo na contorna dos núcleos urbanos de Sanxenxo e Portonovo para que os veciños e veciñas do noso concello poidan ter unha vivenda, á que teñen dereito, cun prezo acaído e cos servizos que lle corresponden.
13 Decembro, 2008
Política local
1 Comentario
A creación do Fondo Estatal de Investimento Local é a plasmación dunha medida longamente reivindicada polo BNG, como é o incremento do investimento público para facer fronte á crise económica.
O BNG apoia o Fondo Estatal de Investimento Local, mais opina que este Decreto é un mero parche que non resolve as insuficiencias que ten o financiamento local e, no caso galego, non se teñen en conta, á hora do reparto, as especificidades propias de Galiza como son a dispersión poboacional e o envellecemento.
Tamén dubidamos que os concellos poidan ter os proxectos debidamente preparados para o prazo estipulado do 24 de xaneiro. Por este motivo, a deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, xa demandou ao Ministerio de Economía unha ampliación dos prazos.
Na distribución dos 8.000 millóns de euros que se destinan a todos os concellos do Estado en función da súa poboación, ao concello de Sanxenxo correspóndenlle 3.022.429 euros.
O BNG considera que debe ser o pleno da Corporación municipal quen formule esa proposta de obras e que se debe aproveitar o financiamento derivado deste plan para poñer en marcha actuacións que permitan asentar e mellorar os servizos públicos, desenvolver obras e actuacións para apoiar os nosos sectores económicos básicos e estender e ampliar a rede de servizos sociais, como mellor arma de cubrir as necesidades dos que máis o necesitan en épocas de crise como a que vivimos.
Por este motivo, o grupo municipal do BNG presentou hoxe por rexistro unha moción na que pide que se tomen os seguintes acordos:
1.- Que se convoque un pleno extraordinario para o debate e aprobación das obras que o noso concello debe propoñer para a súa inclusión no denominado Fondo Estatal de Investimento Local destinado a financiar investimentos en proxectos e obras municipais de nova planificación e de execución inmediata.
2.- Incluír dentro da proposta para o denominado Fondo Estatal de Investimento Local as seguintes obras:
a) Construción de naves industrias no Polígono
Empresarial para por a disposición das iniciativas
de empresarios locais que xeren novos empregos ………… 2.000.000 €
b) Construción dunha nave no Polígono Empesarial
para a creación dunha escola taller e de obradoiros
de emprego …………………………………………………………….………. 500.000 €
c) Acondicionamento dos partes infantís de todo o
concello, con especial incidencia no do Espiñeiro en
Portonovo e no de Vilalonga……………………………………………. 522.429 €
12 Decembro, 2008
Política local
Non hai comentarios
Canto mais tempo pasa con este goberno do PP ao fronte do Concello de Sanxenxo, menos entendo cal é a política que queren facer.
En tempos de crise contratan máis persoal para a Xerencia de Urbanismo. Un avogado (e xa teñen 4!) e un aparellador. Xa son 20 persoas as que traballan nese organismo!
O incremento en persoal do Organismo Autónomo Xerencia Municipal de Urbanismo é inversamente proporcional ao número de licenzas que se tramitan.
Nos tres últimos Consellos da Xerencia tratáronse: 7, 6 é 10 expedientes, e destes 10 últimos non ía nin unha sola licenza de obra nova.
Con 20 persoas traballando alí e a media de expedientes que se tratan tócalle, mais ou menos, un expediente ao mes por empregado.
Teño entendido, segundo me contan, que cada vez tárdase mais en tramitar unha licenza.
Hoxe fun ver un expediente que está en exposición ao público.
Como descoñecía o número e a nome de quen estaba, preguntei por el indicando a situación. Ninguén sabía nada.
Mirei no taboleiro de anuncios e alí estaba o recorte dun xornal anunciando o proxecto. Ben, díxenme eu, agora xa o atoparán facilmente… coitadiño!
Conversa do persoal:
Unha: Fulanita, sabes donde está el expediente número…
Outra: Yo no lo tengo, mira en aquel armario.
Unha: Aquí no está, estará de la mano de fulanito.
Outra: Pués llámale.
Unha: No está operativo.
Eu agardando pacientemente, dígolle: pero, non está en exposición ao público?
Unha: Si pero debe estar de la mano de fulanito y ahora no está. El Gerente hoy no está, podrías venir más tarde?
Volvín á media hora e xa aparecera.
Quedei todo contento porque non me respostaran: “Vuelva Vd. mañana!”
11 Decembro, 2008
Política local
3 Comentarios

O desenvolvemento do Solo Urbanizábel de Punta Festiñanzo (S.U. – 9) tramitouse todo seguindo a legalidade vixente.
Non conta con accesos acaídos á rede principal de estradas, mais iso é legal.
Pretenderon darlle saída á estrada PO-308, pero a Subdirección Xeral de Estradas informou desfavorablemente e non puido ser.
Logo pretenden construír un acceso que conecte coa baixada á praia de Area de Agra e a Dirección Xeral de Urbanismo di que hai que cambialo porque está afectado pola zona de servidume, mais contéstalle o propio redactor do Plan dicindo que está ben e apróbase o Plan Parcial o 6 de febreiro de 2.007 a toda presa porque está a piques de entrar en vigor a chamada “Lei do Litoral”.
Claro, pasaron 6 meses dende a contestación sen recibir resposta da Dirección Xeral de Urbanismo e aplícase o silencio administrativo… todo moi legal!
Como, ao parecer, hai algún propietario que non quixo “pasar polo aro” aplícaselle a lei e procédese á expropiación forzosa dos seus terreos.
A Xunta de Compensación do solo urbanizábel presenta unhas valoracións e o Concello, en estrito cumprimento da lei, inicia o proxecto de expropiación.
As parcelas a expropiar están dentro do solo urbanizábel, pero iso si, “Ditas valoracións realízanse de conformidade coa disposición transitoria terceira e o artigo 23 da Lei 8/2007, do Solo, mediante a capitalización da renda anual potencial da explotación, por tratarse de solo rural, aos efectos da valoración”.
Como debe parecerlle pouco, a proposta da xunta de compensación, corríxense as valoración a alza “cun incremento do 5% de acordo co preceptuado no artigo 47 da Lei de Expropiación Forzosa (do 16 de decembro de 1.954)”, pasando a pagarlle aos propietarios a 45,58 euros o metro cadrado.
Todo moi legal!
10 Decembro, 2008
Política local
Non hai comentarios
Onte celebrouse o “paripé” de Comisión de Coordinación e Seguimento do Centro de Día solicitada en varias ocasións polo BNG.
Sen tempo non era, mais ficou claro que non había interese por parte do goberno de que esta comisión cumpra cos obxectivos que ten segundo o regulamento do Centro de Día.
Para comezar, non asistiu ningún representante da Asociación de Usuarios. A compañeira Sandra Fdez. Agraso, que asistiu en representación do BNG, preguntou por esta ausencia ao que lle repostaron dicindo que non existía tal asociación, que nunca se creou e que non se informara aos familiares dos usuarios da posibilidade de poder creala.
Presentáronse unhas memorias coas altas e baixas de usuarios, a quen se aseaba no centro e os que usan o transporte adaptado: todo moi bonito!
Cando Sandra preguntou polos problemas de proveedores e subministro de provisións, dixéronlle que iso era responsabilidade da empresa e non era un asunto para tratar na comisión.
Como van falar diso?
Claro, a culpa é da empresa por non mercar provisións!
Terá algo que ver que o Concello levara 5 meses e medio sen pagarlle á empresa?
Entregáronnos o informe da Intervención Xeral do Concello, que tíñamos solicitado, no que se certifica que o día 13 de novembro pagáronlle a empresa 146.761,33 euros, correspondentes aos meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2.008.
A ver si a partir de agora convocan as comisións cando corresponde, dúas veces ao ano, e o Centro de Día funciona como ten que funcionar, que ao fin e o cabo é o que todos desexamos.
8 Decembro, 2008
Política local
Non hai comentarios

Segundo o dito “rectificar é de sabios”, os veciños e veciñas de Sanxenxo estamos de noraboa: temos o goberno máis sabio que houbo nunca no noso Concello!
Vexamos uns poucos exemplos (hai máis, eh!):
Licenza para 12 vivendas no Casal (Noalla): Aprobada con todos os informes favorábeis… tras denuncia do BNG, paralización das obras por non cumprir coas rasantes.
Enlace do Polígono Empresarial: Non ía custar un só euro… agora “só” imos pagar 1.500.000 euros.
Cemiterio de Dorrón: Licenza para os chalés porque o cemiterio novo era ampliación… sacáronlle a licenza aos chalés porque o cemiterio era unha obra nova.
Folga do lixo: A alcaldesa decreta uns servizos mínimos… derogación do decreto porque, ao parecer, non era moi legal.
Agora a antena de Telefónica Móbeis en Arra.
Fagamos un repaso do que aconteceu con esta licenza:
Prensa do 1-10-08
Alcaldesa:
“Si cumpren con todo teremos que concederlla (a licenza) se non iríamos en contra da lei e poderían levarnos a xuízo”.
“Ademais de cumprir con todo o que indica a lei, e inda que Medio Ambiente envíe un informe favorábel, Telefónica terá que entregar un Plan de Implantación no Concello senón non lle concederemos a licenza”.
“O expediente (de infracción) non leva consigo a demolición”.
Concelleiro de urbanismo:
Angel Casal aclarou (?) a obriga do Concello de tramitar a licenza en cuestión, xa que está solicitada formalmente. “O goberno municipal non vai conceder esta licenza se non cumpre, un por un, con todos os preceptos legais necesarios”.
Claro que outra vez estiveron a punto de botarlle a culpa á Xunta: “En canto se dea por finalizado o período de exposición, procederase a dar traslado deste expediente ao Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental, que depende da Consellería de Medio Ambiente, organismo que será encargado de emitir o informe sectorial pertinente”.
Páxina web do Concello hoxe:
“Tefónica reporá o terreo de Arra no que pretendía instalar unha antena”.
O Concello “baseou a denegación da licenza en que esta infraestrutura non está incluída no Plan de Implantación da firma”.
“Precisamente, o plan de Telefónica Móbeis recibiu o visto e prace da Xerencia de Urbanismo o 14 de xuño de 2.007”. Entón… xa había Plan?
Unha vez, rectificar é de sabios, tantas é… de INCOMPETENTES!
3 Decembro, 2008
Política local
Non hai comentarios

Ao goberno do PP de Sanxenxo estáselle rematando a pouca credibilidade que podía ter.
Unha alcaldesa que está instalada na mentira cotiá, mas cedo ou mais tarde, cae vítima da súa propia estratexia.
Non se pode enganar permanentemente aos veciños e veciñas só por unha actuación partidista, demagóxica e falta de rigor, como fai a alcaldesa.
O Plan Sectorial de Vivenda Protexida previsto para Sanxenxo é de innegábel necesidade. Poderá gustar ou non a ubicación que se plantexa, mais non se pode por trabas a súa tramitación só porque deixa en evidencia a nula xestión do goberno municipal nesta materia.
A Consellaría de Vivenda e Solo actuou sempre con claridade e transparencia, pondo o Plan en coñecemento de quen correspondía no momento preciso.
Para clarexar algunhas dúbidas hai que ter en conta os seguintes aspectos xerais:
- O Plan foi presentado pola Consellaría á alcaldesa o día 8 de setembro pasado entregándoselle copia do mesmo.
- O Plan foi presentado pola Conselleira de Vivenda e Solo no Parlamento de Galiza o día 21 de outubro pasado.
- O Plan Sectorial está a exposición pública desde o 27 de outubro ata o 27 de decembro.
Calquera cidadán pode ver a totalidade do Plan na páxina da Consellaría de Vivenda e Solo.
As características do Plan Sectorial para Sanxenxo son as seguintes:
- O ámbito delimitado é de 102.744 metros cadrados situados en Padriñán.
- A edificabilidade é do 0,46 m2/m2.
- As vivendas previstas son: 333 de protección e 72 libres a prezo limitado.
- O investimento total previsto pola Consellaría en Sanxenxo é de 15 millóns de euros:
- 4,24 millóns para a urbanización.
- 10,80 millóns para adquisición do solo (a 105,08 euros/m2).
Outro dato de relevante importancia é que a día de hoxe hai 247 veciños e veciñas do concello de Sanxenxo anotados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida da Xunta.
Lembremos tamén que desde o goberno municipal sempre se dixo que no rexistro de demandantes de vivenda, creado polo concello, tiñan anotados a máis de 600 solicitantes.
Despois de case 10 anos de goberno do Partido Popular en Sanxenxo non se construíu unha soa vivenda de protección.
Tivo que chegar o BNG ao goberno da Xunta para que se leve a cabo unha actuación tan necesaria e demandada polos veciños e veciñas de Sanxenxo.
Iso é o que non pode soportar a alcaldesa!