Fondo Estatal (III)
Xaneiro 14, 2009 3:23 pm Política localOutro dos proxectos que presenta o Concello para gastar os cartos do Fondo Estatal de Investimento é o asfaltado do vial que vai de Dadín ata Gondar, na curva do Reiniño para entendernos.
Por parte deste vial transcorre a nova estrada, proxectada no PXOM, que vai do Parque Empresarial ata A Xuncabranca en Vilalonga.
A construción deste novo vial foi anunciado pola alcaldesa o día 8 de marzo do ano pasado, dicindo que se faría no ano 2009 mediante un convenio coa Deputación e que tería un custe de 1,7 millóns de euros.
Si agora queren asfaltar parte dese vial, unha de dúas, ou non teñen pensado facer a nova estrada ou vanse “tirar” 51.617 euros do erario público!
Claro que, como os cartos veñen de Madrid…





