Presentación Candidatura BNG
Xaneiro 30, 2009 2:48 pm Política xeralOnte a Conselleira de Vivenda e Solo e cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra presentounos, en Vilagarcía, aos compoñentes da lista que representamos á comarca de O Salnés.
A Conselleira aproveitou o acto para informar que a consellaría que ela dirixe invisteu na nosa comarca, nos tres anos e medio de xestión, 9 millóns de euros en rehabilitación de vivendas “en áreas que non foron atendidas polo goberno anterior”.
Tamén anunciou o inminente comenzo da construción de vivendas de promoción pública en Ribadumia, obras que xa están adxudicadas.
Pola súa banda Montse Prado, candidata nº 7 pola provincia de Pontevedra, fixo un relatorio dos investimentos que as consellarías dirixidas por compañeiros e compañeiras do BNG, fixeron na comarca de O Salnés durante a lexislatura que esta rematando.
Deste xeito salientou, aparte dos 9 millóns da Consellaría de Vivenda e Solo, os 12 millóns no sector do agro, os 14 millóns da Consellaría de Innovación e Industria para o comercio e o turismo ou a posta en marcha de dúas galescolas, un local de ensaio, un centro de día, un centro de atención a persoas con alzheimer e un centro integracional de mozos e persoas maiores.
Aquí podedes ver a lista completa da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra.






Maio 12th, 2009 at 9:44 am
Existe BNG para sudamerica??
Maio 12th, 2009 at 7:32 pm
Amigo Alberto:
Si hai BNG en Sudamerica.
Aqui che deixo os enderezos:
ARXENTINA
Resp. local: Francisco Lores
Sede BNG Buenos Aires: Pasco 494
bngargentina@yahoo.com.ar
http://bngargentina.blogspot.com
VENEZUELA
Responsabel local: Xosé Manuel López Trelles
Viceresponsabel local: Xaime Rei Mantilla
Enderezo: Avenida Venezuela. Quinta Margarita. Bello Monte. Caracas.
Republica Bolivariana de Venezuela.
Teléfono: 58.414.3226066
Correo-e: bngvenezuela@terra.com
http://www.blogoteca.com/bngvenezuela