Son moi previsíbeis!
22 Febreiro, 2009 Política local Non hai comentariosDicía eu nunha entrada neste blog, o día 12 de xaneiro, que o goberno do PP ía usar os 3 millóns de euros do Fondo Estatal de Investimento Local como propaganda electoral.
Iso non quere dicir que eu sexa adiviño, nin moito menos, o que pasa é que despois de case 6 anos “lidiando” con eles un xa sabe de antemán como van actuar.
Onte a páxina web do Concello publica a seguinte nova: “O Concello de Sanxenxo destinará máis de 280.000 euros ao acondicionamento de 21 áreas infantís”. (Ben, como xa sabedes, isto está traducido!).
Esta nota é a que mandaron á prensa e que sae publicada hoxe.
Con esta nova, La Voz de Galicia vai máis alá e, lendo o titular, xa lle atribúe o investimento non ao Concello de Sanxenxo senón que son cartos da propia alcaldesa!
Se non fora que este investimento está reflictido na proposta da alcaldía, para usar os cartos do Fondo Estatal, case me convencerían a min tamén.
Agora só nos resta saber a que empresas lle “conceden” as obras.
Saberémolo en poucos días… e tereivos informados.
O PP non perde as mañas
21 Febreiro, 2009 Política xeral Non hai comentariosEu pensei que estas prácticas, despois de 30 anos de democracia, xa estaban esquecidas.
En Sanxenxo xa había tempo que non pasaba o que vedes na foto.
Agora dirán os do PP de Sanxenxo que eles non o fan, que eles non foron, que foron os de Cambados, que eles non sabían nada.
Claro que, teñen un problema: o panel este está á porta do Concello!
Mitin do BNG en Sanxenxo
16 Febreiro, 2009 Política xeral Non hai comentariosTáboas dí que haberá vivenda protexida en Sanxenxo nos núcleos de poboación.
Sanxenxo, 15 Febreiro 09. A candidata número 1 do BNG pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas, asegurou esta mañá en Sanxenxo que este concello “contará con vivenda protexida nos núcleos de poboación e non arredada deles”, nun acto que tivo lugar no Hotel Justo ante 150 persoas, unha afirmación que xa reiterara outro dos intervintes no acto, Roberto Fernández Lores.
Así, Táboas destacou as políticas de Vivenda levadas a cabo polo BNG no goberno galego: “Agora por fin temos políticas públicas de Vivenda”. “Cando aprobamos as normas do hábitat, fixémolo pensando na xente que se estaba metendo en pisos mínimos e hipotecados para toda a vida”, sinalou.
Unhas eleccións para escoller o presidente de Galiza
“Nestas eleccións imos escoller o Parlamento e o novo presidente de Galiza, non o de outro lugar”, asegurou a candidata número 1 do BNG. A nacionalista sinalou a actualidade do Sempre en Galiza, citando unha frase do libro de Castelao: “Agora é cando deberiamos combatir con argumentos incontrovertíbeis a subordinación de Galiza a partidos centralizados en Madrid”.
Na mesma liña argumental, Táboas lembrou que o PP ten 11 deputados en Madrid e 10 o PSOE, “dos que non sabemos nada”. “En cambio, a xente sabe quen son Olaia e Jorquera”, dixo.
“Ao PP gústanlle os filmes de espías”
“Ao PP gústalle a ficción, as películas de espías e as de negocios suxos, o que non fan é non traballar, pero iso é porque non teñen propostas en positivo”, afirmou Táboas, quen dixo que “non montan un circo porque senón médranlle os ananos”.
“Catro anos máis”
“Precisamos catro anos máis para estender as políticas nacionalistas a áreas como infraestruturas, sanidade, educación e medio ambiente”, dixo. Nesa liña, desenvolveu as propostas do BNG: un ente ferroviario galego que xestione as liñas de cercanías ou un Instituto de Crédito Galego. Así mesmo, propuxo a reforma da Lei de Caixas, “para que as caixas galegas apoien os sectores produtivos do noso país, que é para o que foron creadas”, insistiu.
“O BNG si fai propostas, os demais non; propostas feitas desde a necesidade de gobernarnos por nós mesmos”, segundo Táboas. A candidata chamou aos asistentes a apostar polo autogoberno, “porque ten que rematar esa imaxe de ir coa pucha a Madrid a ver canto nos dan”
O mellor programa e o mellor candidato.
“Pídovos o voto para unha forza política que non xestiona o medo como o PP, senón a esperanza. Temos o mellor programa e temos o mellor candidato, Anxo Quintana. Entre todos temos que encher, non os sacos nin as saquetas, senón as urnas, con votos ao BNG este un de Marzo”, concluíu.
Montse Prado
A candidata número 7 do BNG, a cambadesa Montserrat Prado, asegurou que tras o 2005, “por fin houbo un goberno disposto a traballar en favor da maioría e non de pequenos grupos de interese”. “Cando houbo que decidir onde colocar unha galescola ou onde apoiar o medio rural, o BNG actuou pensando na responsabilidade social, e non na responsabilidade electoral”, dixo. Así mesmo, Prado destacou a relevancia de medidas lexislativas como a Lei de Comercio ou a Lei de Turismo.
Roberto Fernández Lores
O candidato número 12 pola provincia e portavoz municipal en Sanxenxo, acusou ao PP de “enlodar o campo de xogo, como fan os malos adestradores de fútbol”. “O BNG demostra cada día que non todos o políticos son iguais”, dixo. Nesa liña, exemplificou a diferencia entre os populares e os nacionalistas coas actuacións en materia de vivenda protexida entre os gobernos municipais populares e o papel da consellaría de Vivenda xestionada polo BNG. E comparou, sobre todo, a actitude dialogante dos nacionalistas, coa negativa dos gobernos do PP a negociar no seu día cos afectados da Ronda.
Mitin do BNG en Sanxenxo
14 Febreiro, 2009 Política xeral Non hai comentariosDomíngo día 15, ás 13:00 horas, no Hotel Justo de SANXENXO.
Falarán:
Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
Montse Prado Cores, candidata nº 7 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
Teresa Táboas Veleiro, cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
14 Febreiro, 2009 Eventos Non hai comentarios
| 14 Febreiro 2009 | ||
| 8:30 pm | to | 9:30 pm |
MITIN DO BNG
Sábado día 14, ás 20:30 horas, na casa de Manolo de Delmiro en ROUXIQUE.
Falarán:
Sandra Fernández Agraso, concelleira do BNG.
Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
14 Febreiro, 2009 Eventos, Política xeral Non hai comentarios
| 15 Febreiro 2009 | ||
| 1:00 pm | to | 2:00 pm |
MITIN DO BNG
Domíngo día 15, ás 13:00 horas, no Hotel Justo de SANXENXO.
Falarán:
Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
Montse Prado Cores, candidata nº 7 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
Teresa Táboas Veleiro, cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
14 Febreiro, 2009 Eventos Non hai comentarios
| 19 Febreiro 2009 | ||
| 8:30 pm | to | 9:30 pm |
MITIN DO BNG
Xoves día 19, ás 20:30 horas, na Casa de Cultura de BORDÓNS.
Falarán:
David Otero Domínguez, concelleiro do BNG.
Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
14 Febreiro, 2009 Eventos Non hai comentarios
| 22 Febreiro 2009 | ||
| 1:00 pm | to | 2:00 pm |
MITIN DO BNG
Domíngo día 22, ás 13:00 horas, na Casa Social-Foresta As Canteiras de NOALLA.
Falarán:
Gloria González Camiña, concelleira do BNG.
Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
14 Febreiro, 2009 Eventos Non hai comentarios
| 25 Febreiro 2009 | ||
| 8:00 pm | to | 9:00 pm |
MITIN DO BNG
Mércores día 25, ás 20:00 horas, no Centro Cultural de VILALONGA.
Falarán:
Sandra Fernández Agraso, concelleira do BNG.
Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.
Iria Aboi Ferradás, Secretaria Xeral de Galiza Nova e candidata nº 9 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.






