Xunta Xeral de Ínsula Sanxenxo, S.L.
Marzo 6, 2009 10:29 am Política localA empresa municipal Ínsula Sanxenxo, S.L. foi constituída no ano 2006 e a día de hoxe, 3 anos despois, o goberno do PP de Sanxenxo inda non foi capaz de facer a inscrición definitiva no Rexistro Mercantil, o que demostra a súa incompetencia mais absoluta.
O día 14 de agosto de 2.007 celebrouse unha Xunta Xeral da devandita empresa na que se modificaron os estatutos, segundo indicaba o Rexistro Mercantil.
O día 22 de xullo de 2.008 volveuse a celebrar unha Xunta Xeral na que se modificaron outra vez os estatutos, seguindo as directrices que esixía o Rexistro Mercantil.
O pasado luns, día 2, recibimos a convocatoria dunha nova Xunta Xeral de Ínsula Sanxenxo, S.L. para celebrar o xoves día 5 na que, entre outros asuntos, vólvense a modificar os estatutos, a requerimento do Rexistro Mercantil, para a súa correcta inscrición.
O BNG votou en contra da ratificación da realización da Xunta polos defectos de forma na súa convocatoria.
A lei 2/1995, de Sociedades de Responsabilidade Limitada, no seu artigo 45.2, di que as convocatorias deberanse facer polos administradores da mesma. Esta convocatoria foi feita e asinada só pola alcaldesa.
O artigo 46.3, da mesma lei, di textualmente: “Entre a convocatoria e a data prevista para a celebración da reunión deberá existir un prazo de, ao menos, 15 días”. Esta convocatoria foi feita e asinada o día 2 para celebrar o día 5.
As convocatorias anteriores foron feitas cumprindo a lei.
Non pode entenderse tanta presa despois de agardar case tres anos para inscribir definitivamente a sociedade!
Dicir que o BNG impediu a celebración da Xunta Xeral porque “non lle ía ben a hora” só pode entenderse desde unhas mentes valeiras como as dos nosos gobernantes do PP.
A soberbia da que fan gala desde que están subidos no seu “becerro de ouro” non lles permite ter o máis mínimo respecto polos concelleiros e concelleiras da oposición, convocando xuntas e plenos en horario laboral, sen importarlle que teñan que ausentarse dos seus postos de traballo, co risco que iso ten para quen traballa na empresa privada.
Cando o grupo de goberno “autoimpúxose” os seus desorbitados soldos, dixeron que ían dedicarlle ao Concello as 24 horas do día. Pasados 2 anos xa todos os veciños e veciñas de Sanxenxo saben que a súa “dedicación” é só á hora de cobrar e por iso moléstalles celebrar as reunións fora do “seu horario de traballo”.
Os membros do grupo de goberno do PP de Sanxenxo pensan que o posto de alta remuneración que gozan na actualidade vailles durar toda a vida.
Si en 3 anos non foron quen de inscribir a sociedade no Rexistro Mercantil, a saber canto tardarán en facer a primeira vivenda.
Mentres tanto dedícanse a “despilfarrar” cartos públicos en soldos inútiles e alugueiros, como están a facer na empresa Ínsula, que conta con 3 empregados e un local, sen ter actividade algunha.




Marzo 6th, 2009 at 11:34 am
En su momento me inscribí en el Registro de Demandantes de Viviendas Sociales en el Concello de Sanxenxo.
Insula Sanxenxo trabaja (si es que trabaja) con ese registro ?
Para que se nos hizo cumplimentar el impreso, adjuntar información sobre la Renta y pagar las correspondientes Tasas si no va a servir para nada?
Marzo 9th, 2009 at 2:31 pm
Adxuntouse a declaración da renda de hai 3 anos. Cando teñan pensando publicitar outra vez a “vivienda para jovenes (y ricos)”, e digo publicitar, xa que facer o dudo moito, vanse basar nas rentas de aquel ano? dende logo a situación de moitos demandantes cambiou. Teremos que volver a pagar as tasas?.
Esto é un cachondeo. Normal que se opoñan a seguir con esta patomima que é INSULA sanxenxo
Marzo 10th, 2009 at 12:00 pm
Roberto: por que no preguntas al concello donde está el Registro de Demandantes y si Insula está “trabajando” con o para el?
Marzo 10th, 2009 at 2:52 pm
o que deberiamos facer os demandantes e constituirnos nunha plataforma e protestar porque con este goberno e o que nos quedan porque eu non creo que fagan as vivendas pero si que pediran a actualización do rexistro co consabido pago por taxas.
Marzo 10th, 2009 at 2:55 pm
Estimado aguardenteiro:
Teño pedido en mais dunha ocasión ese rexistro no concello. A día de hoxe sigo agardando resposta e non teño esperenza. Se sigues un pouco a política local, saberás que eu dimitín do Consello de Administración de Ínsula ao darme conta de que todo era unha “pantomima”. Non hai gañas nin interese en que se fagan vivendas protexidas en Sanxenxo.
Para que te deas unha idea do que hai, mira o enlace que hai neste artigo (”As convocatorias anteriores”) e o que responde a Sra. Alcaldesa a unha pregunta miña.
Marzo 10th, 2009 at 9:53 pm
No está mal la idea de la plataforma para reclamar, al menos, las tasa que abonamos. Con “Ronda non” funcionó.
Esperar que el Concello promueva viviendas en Sanxenxo para la gente de aqui….. jajajaja, mo creo que lo vean mis ojos mientras el PP nos gobierne.
Solo con las viviendas que correspondería construir en Monte Faro se solucionarian todas las demandas de vivienda de los vecinos del Concello. Pero como vendieron a los promotores(o no vendieron, que Telmo dijo una cosa y Cati otra)la obligación de construir por pasta para comprar Punta Vicaño, pués……..