Programa “Paifillonai”
Marzo 26, 2009 9:06 pm Política localO grupo de goberno do PP de Sanxenxo aprobou, na Comisión de Contas celebrada hoxe, as tarifas para o programa “Paifillonai” que se desenvolve nos meses de verán.
Segundo informan, na prensa de hoxe, a suba das tarifas con relación ás do ano pasado van desde o 18,4 ao 20% para os residentes no municipio.
Ademais engaden que “con estas tarifas queren primar ás familias de Sanxenxo”.
Esta actuación ven a confirmar o que o BNG leva anunciando desde hai tempo, que nos momentos de crise, como a actual, os gobernos do PP comezarían as “rebaixas” pola desatención nas áreas do benestar social.
Non é de recibo que, mentres os concelleiros do PP manteñen os seus soldos millonarios, lembremos que a alcaldesa cobra 4.600 euros ao mes, incrementen nun 20% un servizo que é fundamental para que moitas familias de Sanxenxo poidan traballar nos meses de verán.
Como pode unha familia que cobra 800 ou 900 euros ao mes pagar 136 por deixar atendidos aos seus fillos para poder traballar? Non digamos si teñen que pagar por dous!
Así é como comprende o benestar unha alcaldesa que presume de levar persoalmente esa área de goberno. Non pode entenderse que nuns orzamentos multimillonarios como os de Sanxenxo non se favoreza as axudas ás familias que son as verdadeiras necesitadas.
O grupo de goberno do PP de Sanxenxo non quere primar ás familias do municipio, senón que o quere con estas tarifas é tomalos por “primos”!




Marzo 27th, 2009 at 4:24 pm
Faime gracia o principio do último dos páragrafo do artigo “Con ello el concello quiere primar a las familias de Sanxenxo”, pois a decir verdade que con esos “premios” xa non fai falla que toque a lotaría ou a quiniela. Aínda por enriba de guasa.
Marzo 31st, 2009 at 2:28 am
Primar querrá decir “hacer el primo”. Esto es, con ello el Concello quiere que las familias de Sanxenxo hagan el primo. y no darles un premio como piensas en el PP que hacen. Pura semántica, no?
Por cierto, Roberto, ¿sigues vivo, politicamente hablando?