Punto e final
Marzo 31, 2009 5:51 pm Política localEsta mañá presentei a miña renuncia como concelleiro de Sanxenxo.
En política, como na vida, cada cousa ten o seu tempo e o meu tempo como concelleiro do BNG en Sanxenxo coido que tiña que rematar xa.
Os que nos presentamos como candidatos, encabezando unha lista, a calquera cargo público, estamos condicionados polo apoio que os votantes queiran darnos e cando se ve que estes apoios son menos, temos a obriga de deixar paso.
Isto é o que pasou coa candidatura do BNG en Sanxenxo nas últimas eleccións municipais.
Eu estou convencido de que é preciso un goberno nacionalista en Sanxenxo e que unha parte importante da súa poboación tamén. Mais tamén sei que os veciños e veciñas do noso concello dixeron, co seu voto, que non querían que eu fose alcalde.
Xuntando eses dous factores, desde o BNG, imos darlle á cidadanía a oportunidade de que poida elixir o goberno que quere sen que eu sexa un inconveniente.
Dentro do BNG, e na súa contorna, hai xente capacitada para poder liderar ese proxecto. Agora temos dous anos para atopar a persoa máis axeitada para iso e estou seguro que o conseguiremos.
A min agora só me queda dicir dúas cousas: desculpas e grazas.
Desculpas, por unha banda, a todos aqueles que, de palabra ou acción, puiden ofender, sen pretendelo, no exercicio do meu cargo e por outra, aos que depositaron a súa confianza na miña persoa e non viron colmadas as súas pretensións.
Grazas, a todas e a todos que sempre me apoiaron incondicionalmente. Aos militantes do BNG, aos simpatizantes e a todos e todas que por algunha razón confiaron en min: grazas, unha e mil veces grazas!




Marzo 31st, 2009 at 6:17 pm
Aperta, benquerido Roberto.
Marzo 31st, 2009 at 6:42 pm
Graciñas Manuel!
Marzo 31st, 2009 at 7:28 pm
É unha pena que Sanxenxo perda políticos tan competentes como Roberto Fernández Lores. Se había que consultar algún proxecto municipal, chegaba con falar con el para que cho explicara. A prensa vaite botar de menos
Marzo 31st, 2009 at 7:31 pm
Que lle vaia bonito, Roberto. Vostede tiña que ser o alcalde desta vila, pero, en fin, cousas que pasan. Ánimo
Marzo 31st, 2009 at 7:44 pm
Ha sido un placer compartir contigo estos años de colaboración mutua, no siempre hemos estado de acuerdo en algunos puntos pero siempre hemos sabido salvar nuestras diferencias para trabajar unidos por el destino. Muchas gracias por tu dedicación al municipio y mucha suerte en el futuro.
Marzo 31st, 2009 at 8:27 pm
Graciñas Paco, o sentimento é mútuo!
Marzo 31st, 2009 at 10:54 pm
El Concello va a perder mucho rigor y seriedad con su marcha. Los concejales del psoe no le llegan a la altura del zapato, por no hablar del “fenomenal” grupo de gobierno que nos dirige
Marzo 31st, 2009 at 11:59 pm
Como veciño de Bordóns e participante no movemento de RondaNon, quero darche as gracias pola túa colaboración e o teu apoio cando máis o necesitamos. Xa sei que me vas dicir que foi o partido, pero tanto os partidos como os grupos sociais os dirixen Persoas e en moitos momentos a quen botamos de menos son a esas Persoas, para que polo menos están o teu lado para apoiarte.
Como ti ben dices, “rematou o tempo de estar en política municipal”, pero eso non quita para que en algún momento (cando ti o desexes) levantemos unha copa “de albariño” para amenizar unha charla entre amigos
Un abrazo e ata sempre
Abril 1st, 2009 at 8:25 pm
A túa dimisión coma concelleiro sei que non é incompatible coa túa futura laboura para mellorar as condicións do pobo no que vivimos.
O BNG en xeral e o BNG de Sanxenxo en particular precisa da túa nutrida experiencia.
Roberto, moitas grazas pola túa valiosa adicación exclusiva!
Abril 2nd, 2009 at 7:35 pm
Non queda mais que darche as gracias e felicitarte por todo o traballo feito no concello de Sanxenxo e mais no seo do BNG.
Abril 3rd, 2009 at 4:14 pm
Querido Roberto: Canto aprendimos de tí e canto nos falla por aprender, parece que agardaches a túa dimisión para o mes de abril como esa boa canción de Silvio Rodriguez “COMO ESPERANDO ABRIL” Adicocha non polo contido, senon por que me parece que tanto tí como ela sodes pezas únicas. Nada mais so que teñas boa sorte nesta etapa que agora escomenza para tí e “HATA SEMPRE COMANDANTE”.
Abril 3rd, 2009 at 4:19 pm
A min pareceme que hai alguén que espera sacar dentellada de todo esto, e a dentellada so a vai sacar as outras forzas políticas, non nos coñecemos persoalmente pero eu é coma se che coñecera de sempre, bo traballo realizado unha aperta.
Abril 7th, 2009 at 11:15 am
Roberto. Personal y politicamente no comparto tu quehacer al frente del Bloque durante estos últimos años, pero tengo el máximo respeto por tu labor que, si bien no me pareció acertada en ocasiones, siempre me parecio honesta y desinteresada. Te deseo lo mejor para el futuro y que recuperes todos los amigos que hayas pododo orillar durante esa dura travesía en la política. Desde luego tus neuronas y celulas grises han sido las mejores de los ultimos años en el concello. Gracias te doy como vecino que soy. Ánimo y suerte.
Abril 7th, 2009 at 4:41 pm
A xente non sabería a mitade do que pasou en Sanxenxo nos últimos seis anos se non fose por tí. Ti fixeches do BNG de Sanxenxo o que é hoxe. Es íntegro e bonachón, por non falar da túa testarudez. Ata sempre, amigo.
Abril 13th, 2009 at 11:36 pm
Roberto, es la segunda vez que entro el este blog, esta vez lo hago para algo específico. Tu sabes de sobra quien soy, te figura mi correo (”no será Publicado”),me gustaría que tu pase por la política no sea algo que definitivamente puedas descartar, estoy seguro que a partir de ahora harás un analisis y que independientemente de lo mejor o peor que lo hicieses en esta etapa, valorarás muchas cosas y te darás cuenta que no las repetirias nunca, nos ocurre a todos en todas las etapas de la vida. A ti te hizo dimitir el pueblo; pero es que el pueblo es quien retira al 99% de los politicos, cabezas de lista, sabes una cosa?, el pueblo hay veces que se equivoca, no eres el primero ni serás el último. Mira si se equivoca que Catalina y su equipo gobiernan Sanxenxo y el resto sois o fuisteis oposición.
Ahhh, una cosa, me gustaría que ahora que estás fuera un día te pares a hablar conmigo sobre determinados temas que nunca entendí de ti; pero en privado.
Que tengas mucha suerte