Eleccións Galegas: gañou a democracia!

Política xeral 2 Comentarios

Facer análise duns resultados electorais non é doado. Non por falta de capacidade analítica senón porque, por moitos factores que se barallen, sempre quedará algún motivo sen ter en conta e que foi determinante, de xeito individualizado, para decidir o voto.

Uns/as votaron porque lle gustaba fisicamente o candidato, outros/as porque unha vez lle deu a man ou un bico e resultoulle moi simpático.

Algúns/as votaron porque os do seu partido deulle traballo a el/ela, ou a algún familiar, no Concello que están gobernando.

Uns/as porque falaba galego e outros/as porque falaba castelán.

Un porque lle deron euro e medio (hai 2 anos foran 4, pero xa se sabe: a crise!).

Ate os/as hai que votaron por ideoloxía!

Podería seguir poñendo exemplos ata os 1.629.555 galegos e galegas que votaron o domingo.

Despois de escoitar as teorías de todos e todas que opinaron sobre o resultado das eleccións que se celebraron o pasado domingo, que alguén me diga si é capaz de afirmar cal foi o motivo, ou motivos, que levou a que se dera este resultado.

Nunha lectura global e moi simple podería dicirse, como fixo algún xornal, que Galiza “dereitizóuse”, que agora é máis do PP. Pero os datos reais non din iso: o PP en todo o País só obtivo 4.029 votos máis que no ano 2005.

Si só na comarca de O Salnés o PP subiu 5.347 votos, quere dicir que noutros lados tivo que baixar.

A nivel local, os resultados de Sanxenxo, cun incremento de 1.000 votos para o PP con respecto ao ano 2.005, levaron a que os dirixentes dese partido, segundo reflicte a prensa de hoxe, crean que se deberon a dous motivos: o traballo realizado pola agrupación local e ao “sectarismo” da Xunta co noso concello.

Se isto fora certo suporía que, por unha banda, o actual grupo de goberno estao a facer mellor que o de Telmo Martín, cousa que non merece comentario, e por outra, que nos concellos gobernados polo BNG e o PSOE sairían beneficiados, teoría incerta se comprobamos os resultados de concellos como O Grove, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Bueu, etc.

En Sanxenxo o PSOE sacou os mesmos votos que no ano 2.005, polo que podemos dicir que os 534 votos que perdeu o BNG foron parar ao PP.

Isto lévanos á conclusión de que os galegos e galegas maduraron democraticamente e votan en función do tipo de elección que sexa.

Eu hoxe só quero darlle os parabéns ao PP pola súa innegable vitoria e o agradecemento aos 1.511 veciños e veciñas de Sanxenxo que depositaron a súa confianza no BNG e dicirlles que seguiremos traballando para non defraudar ese apoio, na confianza de que o facemos para mellorar o benestar dos galegos e galegas.

Só nos queda convencelos de que isto é asi!

Vota BNG!!!

Política xeral Non hai comentarios

O PP non perde as mañas

Política xeral Non hai comentarios

Panel Sanxenxo

Eu pensei que estas prácticas, despois de 30 anos de democracia, xa estaban esquecidas.

En Sanxenxo xa había tempo que non pasaba o que vedes na foto.

Agora dirán os do PP de Sanxenxo que eles non o fan, que eles non foron, que foron os de Cambados, que eles non sabían nada.

Claro que, teñen un problema: o panel este está á porta do Concello!

Mitin do BNG en Sanxenxo

Política xeral Non hai comentarios

Mitin do BNG en Sanxenxo

Táboas dí que haberá vivenda protexida en Sanxenxo nos núcleos de poboación.

Sanxenxo, 15 Febreiro 09. A candidata número 1 do BNG pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas, asegurou esta mañá en Sanxenxo que este concello “contará con vivenda protexida nos núcleos de poboación e non arredada deles”, nun acto que tivo lugar no Hotel Justo ante 150 persoas, unha afirmación que xa reiterara outro dos intervintes no acto, Roberto Fernández Lores.

Así, Táboas destacou as políticas de Vivenda levadas a cabo polo BNG no goberno galego: “Agora por fin temos políticas públicas de Vivenda”. “Cando aprobamos as normas do hábitat, fixémolo pensando na xente que se estaba metendo en pisos mínimos e hipotecados para toda a vida”, sinalou.

Unhas eleccións para escoller o presidente de Galiza

“Nestas eleccións imos escoller o Parlamento e o novo presidente de Galiza, non o de outro lugar”, asegurou a candidata número 1 do BNG. A nacionalista sinalou a actualidade do Sempre en Galiza, citando unha frase do libro de Castelao: “Agora é cando deberiamos combatir con argumentos incontrovertíbeis a subordinación de Galiza a partidos centralizados en Madrid”.

Na mesma liña argumental, Táboas lembrou que o PP ten 11 deputados en Madrid e 10 o PSOE, “dos que non sabemos nada”. “En cambio, a xente sabe quen son Olaia e Jorquera”, dixo.

“Ao PP gústanlle os filmes de espías”

“Ao PP gústalle a ficción, as películas de espías e as de negocios suxos, o que non fan é non traballar, pero iso é porque non teñen propostas en positivo”, afirmou Táboas, quen dixo que “non montan un circo porque senón médranlle os ananos”.

“Catro anos máis”

“Precisamos catro anos máis para estender as políticas nacionalistas a áreas como infraestruturas, sanidade, educación e medio ambiente”, dixo. Nesa liña, desenvolveu as propostas do BNG: un ente ferroviario galego que xestione as liñas de cercanías ou un Instituto de Crédito Galego. Así mesmo, propuxo a reforma da Lei de Caixas, “para que as caixas galegas apoien os sectores produtivos do noso país, que é para o que foron creadas”, insistiu.

“O BNG si fai propostas, os demais non; propostas feitas desde a necesidade de gobernarnos por nós mesmos”, segundo Táboas. A candidata chamou aos asistentes a apostar polo autogoberno, “porque ten que rematar esa imaxe de ir coa pucha a Madrid a ver canto nos dan”

O mellor programa e o mellor candidato.

“Pídovos o voto para unha forza política que non xestiona o medo como o PP, senón a esperanza. Temos o mellor programa e temos o mellor candidato, Anxo Quintana. Entre todos temos que encher, non os sacos nin as saquetas, senón as urnas, con votos ao BNG este un de Marzo”, concluíu.

Montse Prado

A candidata número 7 do BNG, a cambadesa Montserrat Prado, asegurou que tras o 2005, “por fin houbo un goberno disposto a traballar en favor da maioría e non de pequenos grupos de interese”. “Cando houbo que decidir onde colocar unha galescola ou onde apoiar o medio rural, o BNG actuou pensando na responsabilidade social, e non na responsabilidade electoral”, dixo. Así mesmo, Prado destacou a relevancia de medidas lexislativas como a Lei de Comercio ou a Lei de Turismo.

Roberto Fernández Lores

O candidato número 12 pola provincia e portavoz municipal en Sanxenxo, acusou ao PP de “enlodar o campo de xogo, como fan os malos adestradores de fútbol”. “O BNG demostra cada día que non todos o políticos son iguais”, dixo. Nesa liña, exemplificou a diferencia entre os populares e os nacionalistas coas actuacións en materia de vivenda protexida entre os gobernos municipais populares e o papel da consellaría de Vivenda xestionada polo BNG. E comparou, sobre todo, a actitude dialogante dos nacionalistas, coa negativa dos gobernos do PP a negociar no seu día cos afectados da Ronda.

Mitin do BNG en Sanxenxo

Política xeral Non hai comentarios

Domíngo día 15, ás 13:00 horas, no Hotel Justo de SANXENXO.

Falarán:

Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.

Montse Prado Cores, candidata nº 7 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.

Teresa Táboas Veleiro, cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.

Eventos, Política xeral Non hai comentarios

15 Febreiro 2009
1:00 pmto2:00 pm

MITIN DO BNG

Domíngo día 15, ás 13:00 horas, no Hotel Justo de SANXENXO.

Falarán:

Roberto Fernández Lores, portavoz municipal e candidato nº 12 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.

Montse Prado Cores, candidata nº 7 do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.

Teresa Táboas Veleiro, cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento de Galiza.

Acto co Sector do Turismo

Política xeral Non hai comentarios

Montse Prado, Rubén Lois e Roberto Fdez. Lores

Esta mañá celebramos un encontro, no Hotel Galatea de Portonovo, co sector do turismo da comarca de O Salnés.

Contamos coa presenza do Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, e co a que foi Delegada Provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Monserrat Prado Cores, que se presenta como candidata nº 7 do BNG pola Provincia de Pontevedra ás vindeiras eleccións ao Parlamento Galego.

Asistentes ao acto Sectorial de Turismo

Tanto Rubén Lois como Monserrat Prado, deron conta aos numerosos asistentes do traballo levado a cabo pola consellaría, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, en prol de conseguir melloras importantes para o sector e das liñas de traballo que o BNG propón para continuar con ese avance de cara a vindeira lexislatura.

Ao remate das intervencións tivo lugar un coloquio no que os hostaleiros asistentes prantexaron preguntas, expuxeron as súas inquedanzas e loubaron a labor levada a cabo pola consellaría dirixida polo BNG, durante estes tres anos e medio de goberno na Xunta.

A necesidade dun Instituto de Crédito Galego

Política xeral Non hai comentarios

No mes de outubro do ano pasado o “Gobierno de España” creou un fondo de 30.000 millóns de euros para saír en “axuda” da banca.

 O Presidente Zapatero dixo naquel intre que eses cartos non eran para salvar ningunha entidade financeira, senón para facilitar a concesión de cretos.

A día de hoxe esa “facilidade” que dicía non se albisca por ningures.

Mais ben pasa todo o contrario. As pemes cada día teñen máis atrancos á hora de conseguir financiamento: as entidades financeiras non lle conceden novas operacións, recortan ou cancelan liñas de desconto de papel comercial e obríganlle a converter en préstamos as pólizas de creto para circulante que tiñan en vigor.

Por non falar dos tipos de xuros que están aplicando. Mentres os bancos conseguen cartos ao 2%, as pemes non son capaces de asinar unha operación por debaixo do 5%, se teñen a sorte de que lla aproben.

A credibilidade do goberno estatal nesta materia deixa bastante que desexar. Entre declaracións e desmentidos, intencións iniciais e bloqueos posteriores, están a dar un espectáculo lamentábel.

O único que pretenden é salvar e manter un sistema económico que ficou claro que está esgotado e que non é o máis axeitado.

Si o problema está, segundo manifesta a banca, non na falta de liquidez das entidades financeiras senón na insuficiente solvencia das empresas, o que aumenta o risco das operacións, a solución non está en darlle os cartos á banca senón en fomentar ou crear instrumentos que avalen ás pemes, como poden ser as sociedades de capital risco ou sociedades de garantía recíproca.

Cando o BNG fala da necesidade de crear un Instituto de Crédito Galego, está a falar diso!

Acto do BNG co Sector do Turismo

Política xeral Non hai comentarios

Acto do BNG en Cambados

Política xeral Non hai comentarios

Hoxe luns día 2, ás 20:30 horas na Sociedade Cultural de Cambados, MITIN DO BNG.

Intervirán:

Anxo Quintana, candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza.

Teresa Táboas, cabeza de lista do BNG pola Provincia de Pontevedra.

Montse Prado, Candidata.

Victor Caamaño, Portavoz Municipal de Cambados.

« Entradas anteriores