|
29
Fev 2008 |
Mítin na Coruña
O xoves 6 de marzo celebramos o mítin central de campaña da comarca na cidade da Coruña. Será no auditorio do PALEXCO ás 20:30h. Falarán Henrique Tello, Avia González, Anxo Quintana e Francisco Jorquera, o noso cabeza de lista ao Congreso pola Coruña. Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
||||||||
|
29
Fev 2008 |
Pola Igualdade e os dereitos das Mulleres
Estades convidad@s a ao acto que celebramos o sábado 1 de marzo no Hotel Araguaney en Santiago ás 12h no que contaremos coa presenza de Elvira Cienfuegos, Olaia Fernández, Paz Abraira e o portavoz nacional Anxo Quintana. Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
||||||||
|
27
Fev 2008 |
Mítin de Campaña
O mércores 27 de febreiro, ás 20:30 h no Auditorio Municipal de Cerceda, celebraremos o acto central de campaña ás Eleccións Xerais. Contaremos coa presenza de Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo. Non faltes! Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
||||||||
|
27
Fev 2008 |
De volta!
Despois dun tempo sen poder actualizar o blog, aquí estou de volta. Entre o traballo institucional e o outro non tiven nin tempo de irvos contando como mudou a situación no concello dende as pasadas eleccións municipais. A verdade é que agora non é mesmo, mesmo o alcalde cambio a súa actitude. Ata non botou do último pleno! Será que lle molesta ver que agora somos 3, e xa sabe, para as próximas 6! Certamente non entendemos este “talante” que amosa ultimamente. Debería reflexionar un pouco, e amosar respecto porque somos @s lexítim@s representantes dunha parte importante do pobo que nos apoiou, e coas súas actitudes non nos está insultando a Emi, Antón ou a min, senón a toda esa xente de Cerceda que confiou en nós para que @s representaram@s. Escrito por
rocio
|
1 Comentario »
|
|
15
Nov 2007 |
Presentamos o novo boletín
Logo dunha tempada sen editar, estamos a distribuír en todas as casas do concello a nova edición do noso boletín, co cal queremos achegarvos as propostas que facemos, novas do concello, información das diferentes iniciativas que se levan a cabo no goberno da Xunta de Galiza e que atinxen a Cerceda,.. Agardamos que sexa unha canle coa que @s veciñ@s coñezades o noso traballo, e tamén aproveitedes para achegarnos as vosas suxestións e propostas. Iniciamos esta andaina cun novo deseño que agardamos que vos guste. Xa sabedes, a ler! Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
|
3
Set 2007 |
a gresca!
Logo das vacacións do verán, aquí estamos de volta, preparando o curso polítco que comeza. Pero para comezar con ganas, nada mellor que convidarvos o vindeiro fin de semana ao festival A Gresca, onde atoparedes música, teatro, circo, .., xa o sabedes, do 7 ao 9 tedes unha cita en Cerceda! Agardámosvos! Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
|
28
Mai 2007 |
Moitas grazas a tod@s!
Logo dunha andaina que comezou fai xa 12 anos, con altibaixos, victorias inesperadas nalgunhas ocasións e derrotas amargas noutras, @s veciñ@s de Cerceda amosaron onte a maior confianza en nós dende que nos presentamos por primeira vez a unhas eleccións municipais, tres concelleir@s!! Agora nos plenos xa non o terei que dicir todo eu! Aí estarán tamén Emi e Antón ! É un resultado histórico, nunca unha candidatura nacionalista acadara tantos votos en ningún proceso electoral celebrado no noso concello. Agradecemos a confianza que depositaron @s cercedenses en nós, e comprometémonos a traballar nestes vindeiros catro anos para que sigan orgullos@s de ter apostado polo BNG. Mais onte, logo de unha intensa campaña para dar a coñecer as nosas propostas por todos os recunchos do concello, era un día de celebracións, e como podedes ver na foto, a festa foi por todo o alto! Escrito por
rocio
|
4 Comentarios »
|
|
24
Mai 2007 |
Mítin nas Encrobas
No penúltimo mítin da campaña electoral, visitamos o martes pasado a parroquia de Encrobas. Foron moitas as persoas que se achegaron a escoitarnos, nun dos lugares máis castigados do concello. Logo da práctica desaparición de todas as aldeas e lugares que formaban as Encrobas, engulidos polo buraco terríbel da mina de lignito, seguen sen resolverse os problemas que derivan da explotación do carbón e da instalación da central térmica. 30 anos despois, @s veciñ@s das Encrobas seguen a ser @s grandes perxudicad@s dunha actividade que, como ben din, deu moita riqueza mais levou toda a que alí había. Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
|
24
Mai 2007 |
De festa con Tosar e compañía!
Recentemente estiveron no pub Non Sei de aniversario (xa van 20 anos!), e para celebralo nada mellor que facelo con Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa e os Magical Brothers! todos xuntos nunha mesma noite! Toda unha demostración da cultura que ofrece o noso país, con humor, música … Unha mágoa que as perosas que organizan as programacións culturais do concello non se achegaran a comprobar o que poden ofrecernos ao longo do ano. E despois presumimos de orzamentos millonarios!
Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
|
23
Mai 2007 |
Mítin na Silva
Rematamos a campaña eleitoral o venres 25 de mario ás 21:30h na Silva, no colexio público Celso Emilio Ferreiro. Neste último mítin falaremos as tres persoas que encabezamos a candidatura, Emi, Antón e eu mesma. Agardámosvos! Escrito por
rocio
|
Sen Comentarios »
|
||||||||








