Moitas grazas a tod@s!

Novas 4 Comentarios

Logo dunha andaina que comezou fai xa 12 anos, con altibaixos, victorias inesperadas nalgunhas ocasións e derrotas amargas noutras, @s veciñ@s de Cerceda amosaron onte a maior confianza en nós dende que nos presentamos por primeira vez a unhas eleccións municipais, tres concelleir@s!! Agora nos plenos xa non o terei que dicir todo eu! Aí estarán tamén Emi e Antón !

Antón, Emi e eu

É un resultado histórico, nunca unha candidatura nacionalista acadara tantos votos en ningún proceso electoral celebrado no noso concello. Agradecemos a confianza que depositaron @s cercedenses en nós, e comprometémonos a traballar nestes vindeiros catro anos para que sigan orgullos@s de ter apostado polo BNG.

Mais onte, logo de unha intensa campaña para dar a coñecer as nosas propostas por todos os recunchos do concello, era un día de celebracións, e como podedes ver na foto, a festa foi por todo o alto!

Celebracion Noite Electoral

Mítin nas Encrobas

Novas Non hai comentarios

MitinEncrobas

No penúltimo mítin da campaña electoral, visitamos o martes pasado a parroquia de Encrobas. Foron moitas as persoas que se achegaron a escoitarnos, nun dos lugares máis castigados do concello. Logo da práctica desaparición de todas as aldeas e lugares que formaban as Encrobas, engulidos polo buraco terríbel da mina de lignito, seguen sen resolverse os problemas que derivan da explotación do carbón e da instalación da central térmica. 30 anos despois, @s veciñ@s das Encrobas seguen a ser @s grandes perxudicad@s dunha actividade que, como ben din, deu moita riqueza mais levou toda a que alí había.

De festa con Tosar e compañía!

Novas Non hai comentarios

Recentemente estiveron no pub Non Sei de aniversario (xa van 20 anos!), e para celebralo nada mellor que facelo con Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa e os Magical Brothers! todos xuntos nunha mesma noite!

Toda unha demostración da cultura que ofrece o noso país, con humor, música … Unha mágoa que as perosas que organizan as programacións culturais do concello non se achegaran a comprobar o que poden ofrecernos ao longo do ano. E despois presumimos de orzamentos millonarios!

Tosar+EuAo remate da noite mellor sacamos unha foto con Luís Tosar, grandísimo actor e home comprometido co noso país, ademáis de compañeiro de candidatura no BNG en Outeiro de Rei!Tosar+AsamleaLocal

Mítin na Silva

Eventos Non hai comentarios

25 Maio 2007
9:30 pm

Rematamos a campaña eleitoral o venres 25 de mario ás 21:30h na Silva, no colexio público Celso Emilio Ferreiro. Neste último mítin falaremos as tres persoas que encabezamos a candidatura, Emi, Antón e eu mesma. Agardámosvos!

Mítin en Encrobas

Eventos Non hai comentarios

22 Maio 2007
9:00 pm

O martes 22 de maio ás 21h. no local social de Pontoxo, nas Encrobas, apresentamos o noso programa electoral. Acompañarame Emi Candal.

Seguimos de rolda

Novas Non hai comentarios

Continuamos cos mítins que estamos a celebrar polas parroquias para que as veciñas e veciños de Cerceda coñezan o noso programa.MitinMeirama

O pasado xoves estivemos en Meirama, onde poidemos comprobar o malestar que causan na parroquia as obras do AVE, sen que dende o goberno municipal se trate de buscar unha solución, ou que a única obra que levou a cabo o concello foi a substitución das farolas neste últimos catro anos. Carlos e Emi explicaron as nosas propostas, pois eu quedeime sen voz!

O venres, acompañad@s do coordenador executivo do BNG Francisco Jorquera, celebramos o mítin de Cerceda. Achegáronse numerosas persoas interesadas nas nosas propostas, e puideron coñecer a tod@s @s integrantes da candidatura grazas ao traballo do compañeiro Óscar da Laracha que nos fixo unha presentación que é a envexa de todo o mundo!

MitinCerceda2MitinCerceda1

Por último, o sábado visitamos a parroquia de Rodís, grazas a cesión que unha veciña nos fixo dun local, xa que o alcalde nos negou o uso do local social para celebrar o noso mítin.

Mítin en Rodís

Eventos Non hai comentarios

19 Maio 2007
7:30 pm

O sábado 19 ás 19:30, acompañada de Antón Amor, achegarémonos ata a parroquia de Rodís para que @s veciñ@s coñezan as nosas propostas para os vindeiros catro anos e nos acheguen as súas suxestións e preguntas. Será na antiga carpintería do Adro.

Mítin en Cerceda

Eventos Non hai comentarios

18 Maio 2007
9:00 pm

O venres 18 de maio ás 21 h. no Bar Primo celebramos o noso mítin central. Para presentar as propostas que temos para o concello, acompañaranos Francisco Jorquera, coordenador executivo do BNG e senador.

Mítin en Meirama

Eventos Non hai comentarios

17 Maio 2007
9:00 pm

Continuamos este xoves coas visitas ás parroquias para exporlles o noso programa. Será en Meirama, no Bar Calsir ás 21 h., con Emi Candal e Carlos Villamisar.

Primeiros mítins da campaña

Novas Non hai comentarios

Onte celebramos os primeiros mítins nas parroquias de Xesteda e Queixas. Aínda que estaba un poucoMitinQueixas rouca, puiden expor as nosas propostas acompañada de Xosé Antonio e Ricardo. Ao final dos mítins, mantivemos unhas conversas c@s veciñ@s que asistiron a escoitarnos, para darnos a coñecer as súas suxestións e facernos preguntas das que nos lles fixemos.

« Entradas anteriores