De festa con Tosar e compañía!
Maio 24, 2007 4:53 pm NovasRecentemente estiveron no pub Non Sei de aniversario (xa van 20 anos!), e para celebralo nada mellor que facelo con Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa e os Magical Brothers! todos xuntos nunha mesma noite!
Toda unha demostración da cultura que ofrece o noso país, con humor, música … Unha mágoa que as perosas que organizan as programacións culturais do concello non se achegaran a comprobar o que poden ofrecernos ao longo do ano. E despois presumimos de orzamentos millonarios!
Ao remate da noite mellor sacamos unha foto con Luís Tosar, grandísimo actor e home comprometido co noso país, ademáis de compañeiro de candidatura no BNG en Outeiro de Rei!



