Moitas grazas a tod@s!
Maio 28, 2007 4:24 pm NovasLogo dunha andaina que comezou fai xa 12 anos, con altibaixos, victorias inesperadas nalgunhas ocasións e derrotas amargas noutras, @s veciñ@s de Cerceda amosaron onte a maior confianza en nós dende que nos presentamos por primeira vez a unhas eleccións municipais, tres concelleir@s!! Agora nos plenos xa non o terei que dicir todo eu! Aí estarán tamén Emi e Antón !
É un resultado histórico, nunca unha candidatura nacionalista acadara tantos votos en ningún proceso electoral celebrado no noso concello. Agradecemos a confianza que depositaron @s cercedenses en nós, e comprometémonos a traballar nestes vindeiros catro anos para que sigan orgullos@s de ter apostado polo BNG.
Mais onte, logo de unha intensa campaña para dar a coñecer as nosas propostas por todos os recunchos do concello, era un día de celebracións, e como podedes ver na foto, a festa foi por todo o alto!






Maio 28th, 2007 at 7:57 pm
De Ourense parabéns pelo trabalho realizado. Acompanhei o vosso blogue e alegra-me saber que os trabalhos vão dando resultado.
Maio 28th, 2007 at 10:54 pm
Parabéns! Mereces estes bos resultados despois de tantos esforzos.
Maio 30th, 2007 at 10:17 am
unha victoria para o nacionalismo en xeral e o bo facer das mulleres nacionalistas. é unha victoria para o pobo de Cerceda.
unha aperta
Xuño 3rd, 2007 at 2:52 am
parabéns!
alégrome polo nacionalismo de cerceda!