Mítin na Coruña

Eventos, Sen clasificar Non hai comentarios

6 Marzo 2008
8:30 pmto9:30 pm

O xoves 6 de marzo celebramos o mítin central de campaña da comarca na cidade da Coruña. Será no auditorio do PALEXCO ás 20:30h. Falarán Henrique Tello, Avia González, Anxo Quintana e Francisco Jorquera, o noso cabeza de lista ao Congreso pola Coruña.

Mítin A Coruña

Pola Igualdade e os dereitos das Mulleres

Eventos Non hai comentarios

1 Marzo 2008
12:00 pmto1:00 pm

Estades convidad@s a ao acto que celebramos o sábado 1 de marzo no Hotel Araguaney en Santiago ás 12h no que contaremos coa presenza de Elvira Cienfuegos, Olaia Fernández, Paz Abraira e o portavoz nacional Anxo Quintana.

Mítin de Campaña

Eventos Non hai comentarios

27 Febreiro 2008
8:30 pmto10:30 pm

O mércores 27 de febreiro, ás 20:30 h no Auditorio Municipal de Cerceda, celebraremos o acto central de campaña ás Eleccións Xerais. Contaremos coa presenza de Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo. Non faltes!

De volta!

Novas 1 Comentario

Despois dun tempo sen poder actualizar o blog, aquí estou de volta. Entre o traballo institucional e o outro non tiven nin tempo de irvos contando como mudou a situación no concello dende as pasadas eleccións municipais. A verdade é que agora non é mesmo, mesmo o alcalde cambio a súa actitude. Ata non botou do último pleno! Será que lle molesta ver que agora somos 3, e xa sabe, para as próximas 6!

Certamente non entendemos este “talante” que amosa ultimamente. Debería reflexionar un pouco, e amosar respecto porque somos @s lexítim@s representantes dunha parte importante do pobo que nos apoiou, e coas súas actitudes non nos está insultando a Emi, Antón ou a min, senón a toda esa xente de Cerceda que confiou en nós para que @s representaram@s.