27 Febreiro, 2008
Novas
1 Comentario
Despois dun tempo sen poder actualizar o blog, aquà estou de volta. Entre o traballo institucional e o outro non tiven nin tempo de irvos contando como mudou a situación no concello dende as pasadas eleccións municipais. A verdade é que agora non é mesmo, mesmo o alcalde cambio a súa actitude. Ata non botou do último pleno! Será que lle molesta ver que agora somos 3, e xa sabe, para as próximas 6!
Certamente non entendemos este “talante” que amosa ultimamente. DeberÃa reflexionar un pouco, e amosar respecto porque somos @s lexÃtim@s representantes dunha parte importante do pobo que nos apoiou, e coas súas actitudes non nos está insultando a Emi, Antón ou a min, senón a toda esa xente de Cerceda que confiou en nós para que @s representaram@s.
15 Novembro, 2007
Novas
Non hai comentarios
Logo dunha tempada sen editar, estamos a distribuÃr en todas as casas do concello a nova edición do noso boletÃn, co cal queremos achegarvos as propostas que facemos, novas do concello, información das diferentes iniciativas que se levan a cabo no goberno da Xunta de Galiza e que atinxen a Cerceda,.. Agardamos que sexa unha canle coa que @s veciñ@s coñezades o noso traballo, e tamén aproveitedes para achegarnos as vosas suxestións e propostas.
Iniciamos esta andaina cun novo deseño que agardamos que vos guste. Xa sabedes, a ler!
3 Setembro, 2007
Eventos, Novas
Non hai comentarios
| 7 Setembro 2007 | to | 9 Setembro 2007 |
Logo das vacacións do verán, aquà estamos de volta, preparando o curso polÃtco que comeza.
Pero para comezar con ganas, nada mellor que convidarvos o vindeiro fin de semana ao festival A Gresca, onde atoparedes música, teatro, circo, .., xa o sabedes, do 7 ao 9 tedes unha cita en Cerceda!
Agardámosvos!


28 Maio, 2007
Novas
4 Comentarios
Logo dunha andaina que comezou fai xa 12 anos, con altibaixos, victorias inesperadas nalgunhas ocasións e derrotas amargas noutras, @s veciñ@s de Cerceda amosaron onte a maior confianza en nós dende que nos presentamos por primeira vez a unhas eleccións municipais, tres concelleir@s!! Agora nos plenos xa non o terei que dicir todo eu! Aà estarán tamén Emi e Antón !

É un resultado histórico, nunca unha candidatura nacionalista acadara tantos votos en ningún proceso electoral celebrado no noso concello. Agradecemos a confianza que depositaron @s cercedenses en nós, e comprometémonos a traballar nestes vindeiros catro anos para que sigan orgullos@s de ter apostado polo BNG.
Mais onte, logo de unha intensa campaña para dar a coñecer as nosas propostas por todos os recunchos do concello, era un dÃa de celebracións, e como podedes ver na foto, a festa foi por todo o alto!

24 Maio, 2007
Novas
Non hai comentarios

No penúltimo mÃtin da campaña electoral, visitamos o martes pasado a parroquia de Encrobas. Foron moitas as persoas que se achegaron a escoitarnos, nun dos lugares máis castigados do concello. Logo da práctica desaparición de todas as aldeas e lugares que formaban as Encrobas, engulidos polo buraco terrÃbel da mina de lignito, seguen sen resolverse os problemas que derivan da explotación do carbón e da instalación da central térmica. 30 anos despois, @s veciñ@s das Encrobas seguen a ser @s grandes perxudicad@s dunha actividade que, como ben din, deu moita riqueza mais levou toda a que alà habÃa.
24 Maio, 2007
Novas
Non hai comentarios
Recentemente estiveron no pub Non Sei de aniversario (xa van 20 anos!), e para celebralo nada mellor que facelo con Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa e os Magical Brothers! todos xuntos nunha mesma noite!
Toda unha demostración da cultura que ofrece o noso paÃs, con humor, música … Unha mágoa que as perosas que organizan as programacións culturais do concello non se achegaran a comprobar o que poden ofrecernos ao longo do ano. E despois presumimos de orzamentos millonarios!
Ao remate da noite mellor sacamos unha foto con LuÃs Tosar, grandÃsimo actor e home comprometido co noso paÃs, ademáis de compañeiro de candidatura no BNG en Outeiro de Rei!
21 Maio, 2007
Novas
Non hai comentarios
Continuamos cos mÃtins que estamos a celebrar polas parroquias para que as veciñas e veciños de Cerceda coñezan o noso programa.
O pasado xoves estivemos en Meirama, onde poidemos comprobar o malestar que causan na parroquia as obras do AVE, sen que dende o goberno municipal se trate de buscar unha solución, ou que a única obra que levou a cabo o concello foi a substitución das farolas neste últimos catro anos. Carlos e Emi explicaron as nosas propostas, pois eu quedeime sen voz!
O venres, acompañad@s do coordenador executivo do BNG Francisco Jorquera, celebramos o mÃtin de Cerceda. Achegáronse numerosas persoas interesadas nas nosas propostas, e puideron coñecer a tod@s @s integrantes da candidatura grazas ao traballo do compañeiro Óscar da Laracha que nos fixo unha presentación que é a envexa de todo o mundo!


Por último, o sábado visitamos a parroquia de RodÃs, grazas a cesión que unha veciña nos fixo dun local, xa que o alcalde nos negou o uso do local social para celebrar o noso mÃtin.
14 Maio, 2007
Novas
Non hai comentarios
Onte celebramos os primeiros mÃtins nas parroquias de Xesteda e Queixas. AÃnda que estaba un pouco
rouca, puiden expor as nosas propostas acompañada de Xosé Antonio e Ricardo. Ao final dos mÃtins, mantivemos unhas conversas c@s veciñ@s que asistiron a escoitarnos, para darnos a coñecer as súas suxestións e facernos preguntas das que nos lles fixemos.
11 Maio, 2007
Novas
Non hai comentarios
Chegoume hoxe un escrito asinado polo alcalde do concello, José G. Liñares, no que se nos comunica que non podemos usar os locais sociais de Xesteda e RodÃs para celebrar os nosos mÃtins. Asà é como entende a democracia Liñares! Segundo me dixo telefonicamente, considera que “eses non son lugares axeitados para actos públicos”, que vaiamos a un bar como van eles. Será para contribuÃr á maltreita economÃa local!
Polo tanto tivemos que cambiar o lugar de celebración do mÃtin de Xesteda do domingo, que será no Bar Xesteda.
11 Maio, 2007
Novas
Non hai comentarios
Tal e como tiñamos previsto, ás 12 da noite comezamos a campaña electoral, pegando os cartaces nos espazos habilitados pola Concello de Cerceda. Nen a auga teimuda que caÃa nen o vento poideron con nós. A ilusión, a alegrÃa e a forza serán elementos que, sen dúbida, formaran parte das nosas vindeiras xornadas no camiño de acadarmos o dÃa 27 un resultado histórico para o BNG.

« Entradas anteriores