De volta!

Novas 1 Comentario

Despois dun tempo sen poder actualizar o blog, aquí estou de volta. Entre o traballo institucional e o outro non tiven nin tempo de irvos contando como mudou a situación no concello dende as pasadas eleccións municipais. A verdade é que agora non é mesmo, mesmo o alcalde cambio a súa actitude. Ata non botou do último pleno! Será que lle molesta ver que agora somos 3, e xa sabe, para as próximas 6!

Certamente non entendemos este “talante” que amosa ultimamente. Debería reflexionar un pouco, e amosar respecto porque somos @s lexítim@s representantes dunha parte importante do pobo que nos apoiou, e coas súas actitudes non nos está insultando a Emi, Antón ou a min, senón a toda esa xente de Cerceda que confiou en nós para que @s representaram@s.

Presentamos o novo boletín

Novas Non hai comentarios

Logo dunha tempada sen editar, estamos a distribuír en todas as casas do concello a nova edición do noso boletín, co cal queremos achegarvos as propostas que facemos, novas do concello, información das diferentes iniciativas que se levan a cabo no goberno da Xunta de Galiza e que atinxen a Cerceda,.. Agardamos que sexa unha canle coa que @s veciñ@s coñezades o noso traballo, e tamén aproveitedes para achegarnos as vosas suxestións e propostas.

Iniciamos esta andaina cun novo deseño que agardamos que vos guste. Xa sabedes, a ler!

a gresca!

Eventos, Novas Non hai comentarios

7 Setembro 2007to9 Setembro 2007

Logo das vacacións do verán, aquí estamos de volta, preparando o curso polítco que comeza.

Pero para comezar con ganas, nada mellor que convidarvos o vindeiro fin de semana ao festival A Gresca, onde atoparedes música, teatro, circo, .., xa o sabedes, do 7 ao 9 tedes unha cita en Cerceda!

Agardámosvos!

Moitas grazas a tod@s!

Novas 4 Comentarios

Logo dunha andaina que comezou fai xa 12 anos, con altibaixos, victorias inesperadas nalgunhas ocasións e derrotas amargas noutras, @s veciñ@s de Cerceda amosaron onte a maior confianza en nós dende que nos presentamos por primeira vez a unhas eleccións municipais, tres concelleir@s!! Agora nos plenos xa non o terei que dicir todo eu! Aí estarán tamén Emi e Antón !

Antón, Emi e eu

É un resultado histórico, nunca unha candidatura nacionalista acadara tantos votos en ningún proceso electoral celebrado no noso concello. Agradecemos a confianza que depositaron @s cercedenses en nós, e comprometémonos a traballar nestes vindeiros catro anos para que sigan orgullos@s de ter apostado polo BNG.

Mais onte, logo de unha intensa campaña para dar a coñecer as nosas propostas por todos os recunchos do concello, era un día de celebracións, e como podedes ver na foto, a festa foi por todo o alto!

Celebracion Noite Electoral

Mítin nas Encrobas

Novas Non hai comentarios

MitinEncrobas

No penúltimo mítin da campaña electoral, visitamos o martes pasado a parroquia de Encrobas. Foron moitas as persoas que se achegaron a escoitarnos, nun dos lugares máis castigados do concello. Logo da práctica desaparición de todas as aldeas e lugares que formaban as Encrobas, engulidos polo buraco terríbel da mina de lignito, seguen sen resolverse os problemas que derivan da explotación do carbón e da instalación da central térmica. 30 anos despois, @s veciñ@s das Encrobas seguen a ser @s grandes perxudicad@s dunha actividade que, como ben din, deu moita riqueza mais levou toda a que alí había.

De festa con Tosar e compañía!

Novas Non hai comentarios

Recentemente estiveron no pub Non Sei de aniversario (xa van 20 anos!), e para celebralo nada mellor que facelo con Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa e os Magical Brothers! todos xuntos nunha mesma noite!

Toda unha demostración da cultura que ofrece o noso país, con humor, música … Unha mágoa que as perosas que organizan as programacións culturais do concello non se achegaran a comprobar o que poden ofrecernos ao longo do ano. E despois presumimos de orzamentos millonarios!

Tosar+EuAo remate da noite mellor sacamos unha foto con Luís Tosar, grandísimo actor e home comprometido co noso país, ademáis de compañeiro de candidatura no BNG en Outeiro de Rei!Tosar+AsamleaLocal

Seguimos de rolda

Novas Non hai comentarios

Continuamos cos mítins que estamos a celebrar polas parroquias para que as veciñas e veciños de Cerceda coñezan o noso programa.MitinMeirama

O pasado xoves estivemos en Meirama, onde poidemos comprobar o malestar que causan na parroquia as obras do AVE, sen que dende o goberno municipal se trate de buscar unha solución, ou que a única obra que levou a cabo o concello foi a substitución das farolas neste últimos catro anos. Carlos e Emi explicaron as nosas propostas, pois eu quedeime sen voz!

O venres, acompañad@s do coordenador executivo do BNG Francisco Jorquera, celebramos o mítin de Cerceda. Achegáronse numerosas persoas interesadas nas nosas propostas, e puideron coñecer a tod@s @s integrantes da candidatura grazas ao traballo do compañeiro Óscar da Laracha que nos fixo unha presentación que é a envexa de todo o mundo!

MitinCerceda2MitinCerceda1

Por último, o sábado visitamos a parroquia de Rodís, grazas a cesión que unha veciña nos fixo dun local, xa que o alcalde nos negou o uso do local social para celebrar o noso mítin.

Primeiros mítins da campaña

Novas Non hai comentarios

Onte celebramos os primeiros mítins nas parroquias de Xesteda e Queixas. Aínda que estaba un poucoMitinQueixas rouca, puiden expor as nosas propostas acompañada de Xosé Antonio e Ricardo. Ao final dos mítins, mantivemos unhas conversas c@s veciñ@s que asistiron a escoitarnos, para darnos a coñecer as súas suxestións e facernos preguntas das que nos lles fixemos.

O alcalde prohíbenos usar os locais sociais

Novas Non hai comentarios

Chegoume hoxe un escrito asinado polo alcalde do concello, José G. Liñares, no que se nos comunica que non podemos usar os locais sociais de Xesteda e Rodís para celebrar os nosos mítins. Así é como entende a democracia Liñares! Segundo me dixo telefonicamente, considera que “eses non son lugares axeitados para actos públicos”, que vaiamos a un bar como van eles. Será para contribuír á maltreita economía local!

Polo tanto tivemos que cambiar o lugar de celebración do mítin de Xesteda do domingo, que será no Bar Xesteda.

Inicio da Campaña

Novas Non hai comentarios

Tal e como tiñamos previsto, ás 12 da noite comezamos a campaña electoral, pegando os cartaces nos espazos habilitados pola Concello de Cerceda. Nen a auga teimuda que caía nen o vento poideron con nós. A ilusión, a alegría e a forza serán elementos que, sen dúbida, formaran parte das nosas vindeiras xornadas no camiño de acadarmos o día 27 un resultado histórico para o BNG.

Pegada

« Entradas anteriores